Uso de cookies en las páginas web del Ayuntamiento de A Coruña

En las páginas web municipales utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o conocer como cambiar la configuración, en nuestra página de "Normas de uso".

Ayuntamiento de A Coruña

  • Compartir
  • Añadir a tu agenda
  • Añadir a mi móvil | 
  • Imprimir

Campaña de Nadal 2019

O acendido dos 2.600.000 puntos de luz de Nadal terá lugar o venres 29 de decembro ás 19.30 h na praza de María Pita

Cuándo:

Desde el 28/11/2019 hasta el 06/01/2020

O Goberno local quixo que este ano o acendido do Nadal fose un día "máxico e memorable" para todas as coruñesas e os coruñeses. Por iso, este venres ás 19.30 h unha nena ou neno elixida/o ao azar será a persoa encargada de activar os 2.600.000 puntos de luz de led que farán brillar a cidade da Coruña durante a tempada de Nadal. As e os menores de 13 anos que queiran participar deberanse achegar ao concello a partir das 18.00 h e depositar nunha urna un debuxo feito por eles mesmos no que figuren os seus datos persoais para que posteriormente, ás 19.30 h, a alcaldesa elixa ao azar un dos debuxos. A crianza autora dese debuxo será chamada ao escenario con todas as honras para premer o gran botón que acenderá as luces de toda a cidade. O Concello poñerá a disposición dos nenos e nenas material para realizar o seu debuxo en caso de que non o traian feito.

Outra das novidades deste ano será o espectacular vídeo mapping, xamais visto na cidade, que se proxectará na fachada do Pazo de María Pita. "A estrela da ilusión" é o nome da peza, un conto de Nadal no que a súa protagonista é Isabela,  unha nena que percorre a cidade da man do seu pai e a través de cuxos ollos descubrimos o Nadal coruñés. A primeira proxección será este venres ás 19.00 h e repetirase cada hora en punto desde as 20.00 h ata as 23.00 h. O sábado volverán a proxectarse os ditos pases desde as 19.00 ás 23.00 horas. O espectáculo apostará pola accesibilidade e a sostenibilidade, xa que contará cunha zona especialmente reservadas para persoas con discapacidades físicas e sensoriais.

O mestre de cerimonias desta tarde festiva será o actor Suso Martínez, quen anunciará as diferentes actividades:

  • 18.30 h: actuación de maxia a cargo do ilusionista coruñés Román García
  • 19.00 h: proxección do vídeo mapping na fachada do concello
  • 19.15 h: as nenas e os nenos poderán enviarlle as súas cartas a Papá Noel dun xeito máxico nunca antes visto xa que estas depositaranse nunha cesta que se desplazará nun globo de helio de 3 metros de diámetro que quedará suspendido a 20 metros de altura.
  • 19.30 h: elíxese o neno ou a nena protagonista para activar o acendido de luces da Coruña 2019.

Para satisfacer na medida do posible as demandas da cidadanía en materia de iluminación do Nadal, o Executivo local aposta este ano por unha maior presenza de elementos lumínicos na cidade. Nesta campaña haberá un novo deseño da árbore transitable de 20 metros, as luces en arañeiras no Campo da Leña, a esfera de luz da Mariña (este ano ten 2 metros máis de diámetro) e unha bandada de peixes que pasarán por debaixo dunha rede reciclada fabricada polas redeiras de Corme. Pero o protagonista non só é o centro da cidade, este ano a maior parte dos barrios da cidade terán máis arcos, farois e árbores iluminadas: 546 arcos, 133 motivos sobre farois, 67 árbores iluminadas, 1 farol triplo, 2 paraugas de luz con bólas tridimensionais, 4 árbores artificiais de luz de 6 e 8 metros, 6 fachadas, 2 monumentos iluminados, 1 teito de luz, 159 rúas e 15 prazas iluminadas, 6 rotondas e glorietas e 3 parques.

Campaña de Nadal 2019

O programa de actividades deste ano conta con 20 talleres de maxia e 20 espectáculos de marionetas que chegarán a todos os barrios da cidade a través da rede de Centros Cívicos Municipais, o Ágora e o Fórum Metropolitano.

O poboado de María Pita será outro dos protagonistas do Nadal con todo tipo de actuacións infantís de teatro, circo, contacontos, talleres educativos e outros momentos máxicos que se poderán desfrutar do 5 ao 30 de decembro.

Para potenciar e dinamizar o pequeno comercio da cidade, haberá sesións de cine do Nadal no marco dunha campaña en colaboración cos comercios que facilitarán entradas de cine por cada compra superior a 20 euros.

A música tamén ten cabida no Nadal coruñés con diferentes actuacións musicais de arraigo a cargo das nosas entidades culturais, corais e grupos tradicionais que percorrerán as rúas e espazos da cidade como o Ágora, Fórum Metropolitano e o Centro Cívico dos Mallos para amenizar a veciñanza.

PROGRAMA DE PASACALLES

DÍA

HORA

ZONA

AGRUPACIÓN

S

14 de decembro

19:00

Praza de Lugo - M.ª Pita

Xacarandaina

D

15 de decembro

19:00

Oza - Gaiteira - Praza Corte Inglés

AC Donaire

V

20 de decembro

19:00

Avda. Hércules - R/ Torre - Campo da Leña

AC Son D'aquí

S

21 de decembro

19:00

Cidade Vella

Asociación de Coros e Danzas Eidos

X

26 de decembro

19:00

Os Rosales - Praza Elíptica

Coro Cantares Gallegos

V

27 de decembro

19:00

Os Mallos

Asociación de Coros e Danzas Eidos

D

29 de decembro

19:00

Matogrande

Asociación de Coros e Danzas Eidos

PROGRAMACIÓN MUSICAL NOUTROS PUNTOS DA CIDADE

DÍA

HORA

ACTIVIDADE

LUGAR

AGRUPACIÓN

X

12 de decembro

19:30

Concerto

Fórum Metropolitano

AA.VV. Oza Gaiteira Os Castros - Xebre

S

21 de decembro

19:30

Concerto

Fórum Metropolitano

Xacarandaina - Os do fondo da barra

X

26 de decembro

19:30

Concerto

Ágora

Amizades

V

27 de decembro

19:30

Concerto

Parroquia San Fco. Javier

Coro Xogos Tonais

S

28 de decembro

19:00

Concerto

C. C. Os Mallos

La Trova Coruñesa

L

30 de decembro

19:30

Concerto

Ágora

Follas Novas

Orfeón Herculino

¿Echas algo en falta?

Si quieres añadir algo a la agenda de tu ciudad o corregir alguna información errónea sólo tienes que decírnoslo .

¿Qué falta en la agenda?

  • Ayuntamiento de A Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña.
    • Plaza de María Pita, 1. 15001 A Coruña.
    • 981 184 200 o desde dentro del término municipal al teléfono de atención 010
¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari y Microsoft Internet Explorer 10 o superior. Instalar ahora un navegador compatible

?