Uso de cookies en las páginas web del Ayuntamiento de A Coruña

En las páginas web municipales utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o conocer como cambiar la configuración, en nuestra página de "Normas de uso".

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

6 de diciembre de 2018

A Concellería de Medio Ambiente pon en marcha o servizo especial de recollida de residuos de hostalería e comercio para o Nadal

A zona centro, de alta concentración hostaleira, contará cun reforzo de recollida de inorgánico e orgánico todos os días, logo das 17.00 horas, até o 8 de xaneiro, mentres que as grandes áreas comerciais da cidade (centro, Gaiteira-Catro Camiños, rúa Barcelona e Os Mallos) contarán cun reforzo matinal da recollida de cartón e papel ‘porta a porta’

A Concellería de Medio Ambiente acaba de iniciar a campaña especial de limpeza de Nadal, coa que o Concello reforza tanto o servizo de recollida de residuos orgánicos e inorgánicos na zona centro, pola súa alta concentración hostaleira, como ademais, a recollida de papel e cartón nas principais zonas comerciais da cidade. Estes reforzos, xa habituais, veranse complementados coa campaña especial para o fomento da reciclaxe de vidro no sector da hostalería, ademais de co incremento dos recurso para limpeza viaria e recollida os 26 e 2 de xaneiro, para compensar a alta produción de residuos das anteriores xornadas.

No que atinxe á recollida de orgánico e inorgánico na zona centro, debido a súa alta concentración hostaleira, o servizo de reforzo estará activo dende este xoves, 6 de decembro, até o 8 de xaneiro (coa excepción dos días 25 de decembro e 1 de xaneiro). As medidas deste dispositivo supoñen duplicar a recollida e tamén a contenerización, dado o incremento da actividade do sector polo período festivo, no ámbito comprendido entre Juana de Vega e a rúa Troncoso. Dese xeito, á recollida diaria nocturna do lixo orgánico e inorgánico sumase unha segunda quenda. Os comercios de hostalería terán entre as 15.00 e as 17.00 horas para depositar os seus residuos antes do paso do dispositivo de recollida. Debido a ser unha zona moi densa na que non hai posibilidade de aumentar a conteneurización de forma permanente sen perturbar o espazo público, o dispositivo  baseará o seu reforzo na colocación de contedores portátiles, presentes na vía pública nas horas estipuladas. A esta medida súmase, en paralelo, a campaña que o Concello ten en marcha dende este outono con Ecovidrio para o fomento da reciclaxe de vidro nos establecementos hostaleiras, por ser grandes consumidores deste material. "Neste caso contamos con dous educadores ambientais que están á traballar cos propios bares e restaurantes para sensibilizalos e conciencialos sobre a importancia da reciclaxe, así como para informalos da obrigatoriedade de separación", explica a concelleira de Medio Ambiente, María García, que comenta que o programa que se está a seguir fixo que nos dous últimos meses xa se realizasen labores de acompañamento en máis de 1.000 locais da cidade que, ademais, poden contar cun contedor especial para o vidro. Segundo os datos do Concello, estímase que o 52% dos envases de vidro que se recuperan na cidade veñen derivados do seu uso no sector hostaleiro.

Por outro lado, Medio Ambiente tamén activará, neste caso o venres 7 de decembro e, de novo, até o 8 de xaneiro, o reforzo de recollida de papel e cartón nas principais áreas comerciais abertas da cidade, que abranguen a zona centro, San Andrés e Juan Flórez, a zona dos Mallos e Ángel Senra, a rúa Barcelona, e a contorna de Catro Camiños e A Gaiteira. Neste caso, o Concello tamén desenvolveu un servizo porta a porta (os e as comerciantes deben deixar os cartóns dobrados nos puntos acordados e nas portas dos establecementos á hora de paso do camión de recollida). Se a cobertura ordinaria contempla a recollida en días alternos, o reforzo realizarase todos os días agás os domingos.

Os horarios e lugares de recollida exacta da campaña de reforzo do Nadal, tanto para a hostalería como para o comercio, estarán dispoñibles a partir de mañá venres na web www.noseusitio.coruna.gal. Ademais, folletos informativos serán enviados ás asociacións de comercio de hostalería, sendo posible tamén informarse a través do teléfono 010.

Á marxe destas campañas, a Concellería de Medio Ambiente incrementará os recursos destinados á limpeza e recollida de residuos os días 26 de decembro e 2 de xaneiro, de cara a compensar o crecemento das producións dos días precedentes. En ambas as dúas xornadas, os servizos de limpeza viaria medrarán un 35%, mentres que os de recollida o farán un 50%. Estes reforzos teñen un custo estimado total de máis de 100.000 euros.

A titular de Medio Ambiente indica que co desenvolvemento destas campañas, que o actual goberno local puxo en marcha este mandato tanto en Nadal como en verán, "se dá continuidade ás políticas para a mellora da xestión de residuos e, tamén, da calidade do espazo público". "Traballar co comercio e coa hostalería resulta especialmente relevante en tanto que son, xunto cos polígonos, os grandes produtores de residuos, e xeradores do 30% dos que se producen nunha cidade". "De aí a importancia de mellorar a xestión desta porcentaxe, porque posibilita un incremento substancial da recuperación de materiais de refugallo", incide. "Ademais de contar, en breve, con novos contratos de limpeza e recollida, adaptados á realidade desta cidade e coa participación de todo o sector na elaboración dos pregos, é moi importante fomentar as estratexias de cara ao residuo cero. Neste momento, levamos acumuladas até cinco campañas de educación ambiental coa hostalería, a última, como comentamos, con Ecovidrio, xa que unha incorrecta separación deste material xera moitos problemas nas plantas de tratamento", especificou. "Contar coa colaboración da cidadanía, e neste caso de determinados sectores que concentran gran produción de residuos é fundamental, especialmente, na zona centro da cidade, onde polas súas características, non é posible aumentar o número de contedores soterrados", apuntou.

Documentos:

Campaña de reforzo de recollida en hostalería da zona centro (916 KB)

Buscar más noticias

Webs municipales

Encuentre todas las webs y perfiles oficiales del Ayuntamiento de A Coruña.

  • Ayuntamiento de A Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña.
    • Plaza de María Pita, 1. 15001 A Coruña.
    • 981 184 200 o desde dentro del término municipal al teléfono de atención 010
¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari y Microsoft Internet Explorer 10 o superior. Instalar ahora un navegador compatible

?