Uso de cookies en las páginas web del Ayuntamiento de A Coruña

En las páginas web municipales utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o conocer como cambiar la configuración, en nuestra página de "Normas de uso".

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

11 de octubre de 2018

A Escola de Participación arranca “con moi boa acollida pola cidadanía e entidades do municipio”, coas prazas esgotadas en moitos dos obradoiros

As persoas interesadas en participar nos talleres que aínda teñen aberta a inscrición poden anotarse na páxina web www.coruna.gal/cmix

A Escola de Participación impulsada polo Concello arranca a súa primeira edición "con moi boa acollida por parte da cidadanía e das entidades do municipio, que xa esgotaron as prazas de moitos dos obradoiros". A edil de Participación e Innovación Democrática, Claudia Delso, lembra que está aínda a inscrición aberta para algún dos cursos da escola, o programa iniciado este ano polo Concello para apoiar ás entidades sen ánimo de lucro, colectivos informais da cidade e á cidadanía en xeral con interese en afondar en coñecementos e técnicas de desenvolvemento de proxectos.

A Escola, que iniciou onte a súa programación, conta con dúas modalidades de obradoiros, unha de formación xeral dirixida á cidadanía que está organizada en dous cursos. Para o primeiro, sobre Innovación Social, procesos participativos e xestión grupal, xa non quedan prazas dispoñibles, pero aínda está aberto o prazo de inscrición para o segundo dos obradoiros, Metodoloxía para a participación xuvenil, que remata o 10 de novembro.  A proposta está dirixida a mozas e mozos de entre 16 e 30 anos vinculados ao ámbito da dinamización xuvenil ou do mundo asociativo, co obxectivo de promover a creatividade colectiva a través do coñecemento de técnicas e ferramentas básicas e innovadoras no eido da participación. O curso impartirase os días 13, 20 e 27 de novembro, en horario vespertino.

Na segunda liña de traballo que aborda a Escola de Participación as destinatarias son entidades sen ánimo de lucro, xa que a formación está enfocada para aquelas persoas que están pensando en poñer en marcha asociacións ou que, xa pertencendo ás mesmas, queren afondar no coñecemento de aspectos específicos vinculados á súa xestión. Dos 10 obradoiros dispoñibles, dous xa non teñen prazas libres e un xa se celebrou. A Concellería de Participación e Innovación Democrática informa que quedan xa as últimas prazas para os cursos de protección de datos de carácter persoal en entidades sen ánimo de lucro (a inscrición remata hoxe), comunicación en entidades (aberto ata o día 15),  realización e xestión de proxectos (ata o 22), formación básica en fiscalidade (ata o 5 de novembro) e en contabilidade (ata o 19 de novembro). Para os cursos sobre asociacións e convenios administrativos, que ten aberto o período de inscrición ata o vindeiro día 18, e o obradoiro básico de financiamento, no que é posible anotarse ata o 29 de outubro, hai máis prazas dispoñibles. Cada un dos talleres formativos conta cun límite de 20 prazas, para as que, unha vez estean esgotadas, se abrirá unha lista de espera.

Información máis detallada sobre os distintos talleres e obradoiros, que se celebrarán no EIX, está dispoñible na páxina web www.coruna.gal/cmix, que tamén se pode solicitar no teléfono 981.184.294 ou por correo electrónico, no enderezo cmix@coruna.es.

Buscar más noticias

Webs municipales

Encuentre todas las webs y perfiles oficiales del Ayuntamiento de A Coruña.

  • Ayuntamiento de A Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña.
    • Plaza de María Pita, 1. 15001 A Coruña.
    • 981 184 200 o desde dentro del término municipal al teléfono de atención 010
¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari y Microsoft Internet Explorer 10 o superior. Instalar ahora un navegador compatible

?