Uso de cookies en las páginas web del Ayuntamiento de A Coruña

En las páginas web municipales utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o conocer como cambiar la configuración, en nuestra página de "Normas de uso".

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

14 de enero de 2018

O alcalde presentará este mércores na feira madrileña de Fitur a oferta turística para este 2018 “dunha Coruña cosmopolita, plural, sostible e Sempre Aberta”

Xulio Ferreiro acudirá, acompañado do presidente do Consorcio de Turismo, Alberto Lema, e a xerenta do mesmo, Lanzada Catalayud, a un acto que poderá seguirse por streaming na web municipal

O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, presentará este mércores, 17 de xaneiro, na feira madrileña Fitur a oferta turística da cidade para este 2018. Nun acto que se desenvolverá a partir das 10.30 horas da mañá e que terá lugar no stand de Galicia, o rexedor exporá a aposta da cidade ao sector, acompañado polo presidente do Consorcio de Turismo e concelleiro de Emprego, Alberto Lema, e pola xerenta do ente municipal, Lanzada Calatayud. O acto será retransmitido por streaming na web municipal.

"A Coruña trasladará en Fitur a oferta turística dun destino profundamente atlántico, cosmopolita, plural e sostible", sinala o concelleiro Lema, á vez que recorda que, tal e como reza a nova marca turística da cidade, deseñada polo creador local Antón Lezcano e presentada hai escasas semanas, "a nosa cidade está Sempre Aberta". "Ese será o lema da nosa presentación en Fitur, unha feira que pon en contacto aos principais axentes do sector turístico e na que imos destacar a nosa aposta e excelencia gastronómica, de ocio, cultural e tamén marítima", avanza, á vez que destaca "os froitos que está a recoller a cidade no eido turístico derivados da consecución por parte deste goberno local da acreditación da Compostela para os e as peregrinas que decidan facer o Camiño dende a nosa cidade".

A presentación da oferta turística da cidade para o vindeiro ano prodúcese uns días despois de coñecerse que o aeroporto de Alvedro rexistrou o pasado ano un total de 1.141.242 pasaxeiros, un 7,3% máis que o ano anterior. "Unha vez máis parece claro que a aposta que se fixo dende o goberno local de promoción turística está a funcionar, aínda a pesar das históricas eivas coas que segue contando o aeroporto, como un sistema realmente eficiente para evitar os desvíos, algo que seguiremos reivindicando ante a Xunta e o ministerio de Fomento", comentou o concelleiro.

Buscar más noticias

Webs municipales

Encuentre todas las webs y perfiles oficiales del Ayuntamiento de A Coruña.

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari y Microsoft Internet Explorer 10 o superior. Instalar ahora un navegador compatible

?