Uso de cookies en las páginas web del Ayuntamiento de A Coruña

En las páginas web municipales utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o conocer como cambiar la configuración, en nuestra página de "Normas de uso".

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

9 de noviembre de 2018

O Concello crea o distintivo ‘Coruña Emprega’ para recoñecer as empresas que apostan pola inserción laboral de colectivos vulnerables e pola igualdade de oportunidades

O concelleiro Alberto Lema anunciou na III xornada sobre a Innovación nas Políticas Locais de Emprego ‘Contrata talento’, que este selo se outorgará en base a criterios obxectivables, se renovará cada dous anos e se valorará nas contratacións municipais. O evento, no que participan máis de 300 persoas e todas as entidades asinantes do Pacto Local polo Emprego, está dirixido a empresas que queren aumentar a súa responsabilidade social ao tempo que incrementan a súa competitividade.

O Goberno local crea o distintivo Coruña Emprega para recoñecer e dar visibilidade ás empresas da cidade que aposten pola inserción laboral das persoas con máis dificultades á hora de acceder ao mercado do emprego. O concelleiro de Emprego e Economía Social, Alberto Lema, avanzou a posta en marcha deste distintivo durante a celebración da III xornada sobre a Innovación nas Políticas Locais de Emprego Contrata Talento, un foro que xorde do traballo conxunto entre o Concello e as principais entidades sociais e económicas da cidade dentro do marco do Pacto Local polo Emprego. "Con este distintivo de responsabilidade social empresarial damos un paso máis e consolidamos o labor que se vén realizando nos últimos tempos, xa que servirá para recoñecer a aquelas empresas que fomentan a igualdade de oportunidades no ámbito laboral e contribúen a xerar un clima de corresponsabilidade entre o tecido produtivo e as situacións que dificultan a inserción sociolaboral", explicou Lema, que incidiu na relevancia da colaboración e da implicación das empresas que participan no Pacto Local polo Emprego e que "aplican criterios de responsabilidade social na contratación e colaboran nos proxectos municipais de inserción laboral".

A xornada, que busca o fomento da contratación responsable e segue a liña das políticas municipais para estimular a creación de emprego de calidade grazas á aposta por unha economía social e a innovación, está dirixida a empresas interesadas en mellorar a súa responsabilidade social ao tempo que incrementar a súa competitividade. Nela participan hoxe máis de 300 persoas entre as que estaban representadas as 25 entidades asinantes do Pacto Local polo Emprego, entre as que se contan asociacións empresariais e sociais, sindicatos ou a Universidade da Coruña, entre outros. No evento abórdanse hoxe, coas entidades sociais como protagonistas, os incentivos á contratación de persoas de colectivos vulnerables e a responsabilidade social empresarial dende o ámbito da inserción laboral. Ademais, catro das entidades que participan no Pacto Local polo Emprego --Cáritas, COGAMI, Down Coruña e Fundación Secretariado Xitano-- falarán de experiencias e casos reais nunha mesa redonda.

O distintivo Coruña Emprega terase en conta nos procesos de contratación pública do Concello, que xa valora os fins sociais e ambientais das empresas, a igualdade de homes e mulleres, a inclusión social e o comercio xusto. O selo, que poderá manterse por dous anos con posibilidade de renovación, outorgarase ás empresas que teñan a súa sede social ou desenvolvan a súa actividade na Coruña ou a súa área de influencia, así como a persoas traballadoras autónomas, que apliquen procesos de inserción laboral que teñan en conta especialmente aos colectivos máis vulnerables e en risco de exclusión social e que aposten pola igualdade de oportunidades entre mulleres e homes no emprego. Esta decisión será tomada pola unha comisión de valoración, formada por representantes das entidades sociais do Pacto Local polo Emprego, en base ao cumprimento dunha serie de criterios técnicos medibles e obxectivables. Ademais, o Concello publicará na súa páxina web o listado das empresas que teñan o selo de responsabilidade social e empresarial "o que axudará a visibilizar o seu compromiso e o seu labor".  

Ademais do propio Concello, o resto de entidades asinantes do Pacto Local polo Emprego son a Agrupación Empresarial de Sociedades Laborais de Galicia (AESGAL), Arquitectura sen Fronteiras, Asociación Comercial de Emprendedores de Galicia (ASCEGA), Asociación Down Coruña, Asociación de Empresarias da Coruña, Asociación de Empresas de Inserción de Galicia (AEIGA), Asociación de Jóvenes Empresarios da Provincia da Coruña (AJE), Asociación de Traballadores por conta propia de Galicia (ATA-Galicia), Cámara de Comercio da Coruña, Cáritas interparroquial da Coruña, CCOO, Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI), Cooperativas Espazocoop, Cruz Vermella na Coruña, Ecos do Sur, Federación de Asociacións de Familiares e Enfermos Mentais de Galicia (FEAFES), Fundación Juan Soñador, Fundación Juana de Vega, Fundación Mujeres, Fundación Ronsel, Fundación Secretariado Xitano, Fundación Universidade da Coruña (FUAC), UGT e Universidade da Coruña (UDC).

Buscar más noticias

Webs municipales

Encuentre todas las webs y perfiles oficiales del Ayuntamiento de A Coruña.

  • Ayuntamiento de A Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña.
    • Plaza de María Pita, 1. 15001 A Coruña.
    • 981 184 200 o desde dentro del término municipal al teléfono de atención 010
¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari y Microsoft Internet Explorer 10 o superior. Instalar ahora un navegador compatible

?