Uso de cookies en las páginas web del Ayuntamiento de A Coruña

En las páginas web municipales utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o conocer como cambiar la configuración, en nuestra página de "Normas de uso".

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

15 de mayo de 2018

O Concello, en resposta ás demandas da cidadanía, reservará parte do estacionamento na Maestranza para residentes na Cidade Vella

Responsables municipais reuniranse nos próximos días coas asociacións veciñais e de comerciantes do barrio de cara a analizar as distintas posibilidades de aparcamento en superficie.

O Concello da Coruña, en resposta ás demandas trasladadas pola veciñanza no acto de onte á tarde en Dominicos, reservará parte do estacionamiento na zona da Maestranza para residentes e comerciantes da Cidade Vella unha vez que se active o proceso de peonalización do barrio, programado para o 25 de xuño. Así o avanzou esta mañá o propio alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, quen manifestou que o goberno local tomou esta determinación en resposta ás demandas da veciñanza coa que está a desenvolver, de forma participada, todo o proceso de revitalización deste barrio da cidade. O rexedor avanzou que representantes municipais se reunirán nos próximos días tanto coa asociación de veciñal (que xa foi, non obstante, informada desta decisión), así como coa asociación de comerciantes, de cara a estudar, polo miúdo, as distintas posibilidades de aparcamento en superficie.

No día de onte, os concelleiros de Rexeneración Urbana e de Mobilidade Sostible, Xiao Varela e Daniel Díaz Grandío, así como a titular de Participación, Claudia Delso, presentaron á veciñanza da Cidade Vella o Plan de Revitalización que conleva, entre os seus eixes, a peonalización da zona. "Creo que quedou claro que case non hai ningunha voz que discuta, a estas alturas, a necesidade da peonalización. Si detectamos que existe veciñanza que amosa certa inquedanza polo espazo reservado para residentes e comerciantes, por iso, o que determinamos facer é aumentar o número de prazas programadas de aparcamento en superficie para estas persoas", comentou o rexedor esta mañá a preguntas dos medios, á vez que lembrou os acordos acadados polo Concello cos aparcamentos subterráneos da zona (Cidade Vella-Parrote, Maestranza e Marina Coruña) e que se traducen nunha rebaixa de tarifas que chega até o 50% para residentes e traballadores neste ámbito.

Buscar más noticias

Webs municipales

Encuentre todas las webs y perfiles oficiales del Ayuntamiento de A Coruña.

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari y Microsoft Internet Explorer 10 o superior. Instalar ahora un navegador compatible

?