Uso de cookies en las páginas web del Ayuntamiento de A Coruña

En las páginas web municipales utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o conocer como cambiar la configuración, en nuestra página de "Normas de uso".

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

16 de mayo de 2018

Como indica Varela, “a adxudicación deste contrato, tan só unha semana despois de anuncialo na reunión que o Concello mantivo coa Xunta e o resto de actores implicados no Ofimático, é unha mostra máis do compromiso e dilixencia coa que actúa o executivo municipal”

O Concello informa a cooperativistas do Ofimático, promotores e Xunta da adxudicación do contrato para redactar o proxecto de urbanización das obras que restan na parte residencial da marxe esquerda de Lavedra

O titular de Rexeneración Urbana explicita a intención do goberno local de solicitar durante o período de exposición pública do proxecto os informes sectoriais previos á licitación das obras, que se levarán a cabo “en canto se teñan todas as autorizacións pertinentes”

O concelleiro de Rexeneración Urbana e Dereito á Vivenda, Xiao Varela, vén de remitir ao Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS) da Xunta de Galicia, así como á Asociación de Promotores Parque Ofimático 2010 e ás distintas cooperativas senllas misivas nas que informa da adxudicación do contrato de redacción do proxecto das obras de urbanización que restan por acometer na parte residencial do Ofimático, na marxe esquerda da avenida de Lavedra. Con este significativo avance, o Concello contará cun documento técnico que permitirá licitar as obras de urbanización que restan por acometer. "O remate ao completo das obras do proxecto da separata, que neste momento están case finalizadas -a falta das actuacións que debe acometer Fenosa para poder dotar de subministro eléctrico á veciñanza-, dá a posibilidade de que, se así se solicita, o Concello poida outorgar licenzas de primeira de ocupación. Non obstante, no que se considera a zona residencial do Ofimático na marxe esquerda de Lavedra, restan aínda parcelas que non teñen condición de solar, do mesmo xeito que se teñen que acometer distintas actuacións relacionadas cos servizos neste ámbito, como por exemplo as zonas verdes e mobiliario urbano", recordou Varela, que xa informou da inminente adxudicación deste contrato a pasada semana na reunión que mantivo coa conselleira de Infraestruturas da Xunta, Ethel Vázquez, así como con outros actores implicados no Ofimático.

"Este proxecto servirá para que todas as parcelas da zona residencial do Ofimático poidan acadar a condición de solar", comentou Varela, quen incidiu en que "a adxudicación deste contrato, unha semana despois de que anunciásemos a súa inminencia, dá mostra de que o Concello da Coruña actúa sempre coa maior dilixencia posible á hora de buscar unha solución que posibilite que, canto antes, o Ofimático se converta nun barrio máis da cidade". Tal e como avanzou o titular de Rexeneración Urbana, o prazo previsto para a redacción do proxecto é de tres meses. "Ao final dese prazo, e durante o período de exposición pública, esperamos poder solicitar os informes sectoriais previos á licitación das obras, que se producirán en canto teñamos as autorizacións pertinentes", indicou.

Buscar más noticias

Webs municipales

Encuentre todas las webs y perfiles oficiales del Ayuntamiento de A Coruña.

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari y Microsoft Internet Explorer 10 o superior. Instalar ahora un navegador compatible

?