Uso de cookies en las páginas web del Ayuntamiento de A Coruña

En las páginas web municipales utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o conocer como cambiar la configuración, en nuestra página de "Normas de uso".

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

10 de octubre de 2018

O Concello mantén aberta, até o 19 de outubro, a convocatoria para participar na terceira edición do Programa Cultura Accesible e Inclusiva

A edil Rocío Fraga presentou onte as bases ás entidades do tecido cultural e social da cidade, e avanzou que este ano “se procurará potenciar proxectos que contribúan á inclusión social de colectivos especialmente vulnerables

A terceira edición do programa Cultura Accesible e Inclusiva xa está en marcha. A iniciativa, impulsada no ano 2016 polo Concello a través da Fundación Emalcsa, ten como obxectivo promover e facilitar a participación e o acceso das persoas con diversidades na vida cultural. Desde o pasado 1 de outubro, e até o vindeiro venres, día 19, estará aberto o prazo de presentación de proxectos para optar ás axudas, ás que se destinarán un total de 100.000 euros. Poderán optar ás mesmas entidades culturais que, en colaboración con asociacións vinculada ás diversidades, promovan iniciativas que supoñan o aumento da accesibilidade a lugares físicos ou virtuais nos que se ofrezan servizos culturais, a elaboración de materiais ou de programación cultural en formato accesible, ou que fomenten que as persoas con diversidades poidan desenvolver e empregar o seu propio potencial creativo, artístico e intelectual para o enriquecemento da sociedade.

A concelleira de Igualdade e Diversidade, Rocío Fraga, presentou onte pola tarde, nunha xuntanza aberta ás entidades do tecido cultural e social, as bases da presente convocatoria así como as novidades da mesma respecto as anteriores edicións. "De cara a este curso, queremos potenciar o desenvolvemento de proxectos que contribúan a inclusión social de colectivos especialmente vulnerables a través de alianzas de colaboración con entidades sociais, así como o fomento de iniciativas que contemplen, entre os seus obxectivos, a inclusión das persoas con diversidade nos eventos, e non só a accesibilidade aos mesmos", explicou a edil na reunión, que se celebrou no centro cívico da Cidade Vella.

Durante o encontro, a responsable municipal lembrou que, ao longo das dúas primeiras edicións do programa, participaron un total de 14 entidades culturais que desenvolveron 24 proxectos diferentes coa coa colaboración da Fundación Emalcsa. Ademais, nestas iniciativas, colaboraron 25 entidades vinculadas ao eido das diversidades ou de persoas en risco ou en exclusión social. "O obxectivo do goberno da Coruña é seguir afondando nesta liña de traballo, tal e como facemos tamén a través do programa Deporte Solidario, para favorecer unha cidade máis plural, diversa e igualitaria", apuntou Fraga.

As bases da III convocatoria de Cultura Accesible e Inclusiva, na que colaboran como patrocinadoras a Fundación María José Jove, Vegalsa, Fundación Banco Sadabell, Repsol e Naturgy, xa están dispoñibles na páxina web https://fundacionemalcsa.org/gl/inicio/

Buscar más noticias

Webs municipales

Encuentre todas las webs y perfiles oficiales del Ayuntamiento de A Coruña.

  • Ayuntamiento de A Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña.
    • Plaza de María Pita, 1. 15001 A Coruña.
    • 981 184 200 o desde dentro del término municipal al teléfono de atención 010
¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari y Microsoft Internet Explorer 10 o superior. Instalar ahora un navegador compatible

?