Uso de cookies en las páginas web del Ayuntamiento de A Coruña

En las páginas web municipales utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o conocer como cambiar la configuración, en nuestra página de "Normas de uso".

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

12 de octubre de 2018

A información sobre o programa Coruña Rehabilita pódese consultar na web municipal, así como na Oficina Municipal de Rehabilitación

O goberno local mantén aberto até o 25 de outubro o prazo para solicitar as axudas para a rehabilitación de vivendas na cidade, que se duplican ou triplican, segundo os casos, e que supoñen un investimento de 2.650.000 euros

O concelleiro Xiao Varela salienta que esta nova convocatoria, que “fai unha aposta singular pola Cidade Vella, Pescaría e os núcleos tradicionais”, introduce nas súas bases criterios sociais

A Concellería de Rexeneración Urbana e Vivenda mantén aberto, até o xoves 25 de outubro, o prazo para solicitar subvencións para a rehabilitación de vivendas. A medida, na que o goberno local investirá 2.650.000 euros no presente exercicio, diríxese tanto a persoas propietarias e ocupantes de vivendas e locais como a comunidades, de cara á realización de actuacións en elementos comúns, así como de habitabilidade, supresión de barreiras arquitectónicas, mellora da eficiencia enerxética e reforma de locais, ademais da dotación do servizo de ascensor.

Entre as principais novidades desta nova convocatoria --que é compatible con outras axudas para esta mesma finalidade sempre que a suma de todos os importes non supere o custo total das obras--, sitúase a aplicación da modificación da ordenanza municipal de conservación e rehabilitación de inmobles para o fomento da rehabilitación no ámbito PEPRI e núcleos tradicionais, "o que supón unha aposta singular deste goberno pola rexeneración da Cidade Vella, Pescaría e núcleos tradicionais", segundo apunta o concelleiro Xiao Varela. Introdúcense tamén  criterios sociais, "polo que -segundo expón o edil- as rendas baixas recibirán até un 30% máis de achegas", e o aumento das contías máximas, "que duplican e triplican, segundo os casos, os importes de subvención vixentes en toda a cidade".

Ademais deste investimento, o titular da área de Rexeneración Urbana e Dereito á Vivenda lembra que, no marco da aplicación das Axudas do Plan Estatal de Vivenda 2018-2021, destinaranse un total de 3.276.996 euros que permitirán acometer 236 intervencións para o impulso das Áreas de Rehabilitación Integral (ARI) do grupo María Pita (Labañou), casas populares da rolda de Outeiro (Katanga) e no ámbito PEPRI (Cidade Vella e Pescaría). Nesas axudas, o goberno do Estado participa cun 40%, o Concello cun 30% e a Xunta cun 10%.

Coruña Rehabilita

As actuacións que poden ser obxecto de subvención Coruña Rehabilita son aquelas vinculadas á rehabilitación dos elementos comúns, como cubertas, fachadas ou portais, en edificios con máis de 50 anos de antigüidade --e nos que non se acometesen este tipo de intervencións, de xeito integral, nese período--, ou de habitabilidade en vivendas --instalacións interiores da vivenda, rehabilitación de baños ou cociñas, entre outras-- tamén en máis de 50 anos. As axudas municipais tamén fomentarán os traballos de soterramento do cableado exterior, as melloras de eficiencia enerxética, as actuacións dirixidas á supresión das barreiras arquitectónicas nos inmboles ou a instalación e adaptación de ascensores á normativa vixente. "O obxectivo do goberno da Coruña é firme co dereito á unha vivenda digna, unha liña que, ademais de precisar medidas vinculadas á rehabilitación de vivendas ou edificios, vai acompañada da rexeneración e coidado do propio espazo público", sinala Varela.

No caso das obras vinculadas á elementos comúns, as axudas só poderán ser solicitadas polas comunidades de persoas propietarias. En canto ás obras que se refiren a actuacións de mellora da habilitabilidade as persoas propietarias, ou ocupantes autorizadas, poderán solicitalas. Os ingresos da unidade de convivencia non poderán superar por 3 veces o IPREM para poder ser beneficiaria da axuda, que podería chegar até un máximo de 15.000 euros no caso das vivendas catalogadas no ámbito PEPRI e núcleos tradicionais, ou até 12.000 se non dispoñen de ningún tipo de catalogación --no resto da cidade, os importes das axudas chegarán até os 12.000 euros nas vivendas catalogadas e até os 9.000 euros se a vivenda non ten ningún tipo de catalogación--. A este respecto, cada filla ou fillo menor de 25 anos, ou ascendente maior de 65, computará un punto máis e no caso das persoas con diversidade funcional que se atopen nunha situación de dependencia, computarán en dous puntos máis. Finalmente, as persoas xurídicas --asociacións benéficas ou entidades sen ánimo de lucro-- deberán destinar as vivendas ao arrendamento ou poñelas á disposición de unidades de convivencia en situación de precariedade.

Ademais, as axudas da convocatoria tamén están destinadas á adecuación de locais comerciais. No caso daqueles situados no ámbito da Cidade Vella ou Pescaría, a contía máxima pode ascender até os 12.000 euros.

Condicións

Para poder optar a estas axudas económicas directas é necesario cumprir cunha serie de condicións, como a situación do inmoble no termo municipal, que a persoa non estea inscrita en ningún expediente de infracción urbanística ou que conte coas licenzas e autorizacións precisas. Ademais, na rehabilitación de edificios, a superficie sobre rasante deberase destinar ao uso de vivenda --cando menos un 60%, agás nos baixos dedicados a local comercial-- e un mínimo do 80% das vivendas serán para residencias habituais e permanentes. As obras que se executen dentro deste programa non poderán afectar á calidade de habitabilidade das vivendas, agás no caso que o obxectivo final sexa mellorar a accesibilidade e non exista outro xeito de acometer a intervención.

Para formalizar a solicitude cómpre presentar o impreso dispoñible para a súa descarga no web www.coruna.gal/vivenda, ou ben nos distintos rexistros municipais coa documentación requirida. Toda a información sobre esta convocatoria está dispoñible tanto na Oficina Municipal de Rehabilitación --situada na Estación de Autobuses-- coma no teléfono 981.189.872, así como no catálogo informativo Coruña Rehabilita que se pode conseguir en distintas dependencias municipais, como os centros cívicos, ou na propia portada do web municipal www.coruna.gal

Documentos:

Folleto Coruña Rehabilita - Axudas para a rehabilitación de vivenda (1 MB)

Buscar más noticias

Webs municipales

Encuentre todas las webs y perfiles oficiales del Ayuntamiento de A Coruña.

  • Ayuntamiento de A Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña.
    • Plaza de María Pita, 1. 15001 A Coruña.
    • 981 184 200 o desde dentro del término municipal al teléfono de atención 010
¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari y Microsoft Internet Explorer 10 o superior. Instalar ahora un navegador compatible

?