Uso de cookies en las páginas web del Ayuntamiento de A Coruña

En las páginas web municipales utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o conocer como cambiar la configuración, en nuestra página de "Normas de uso".

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

9 de septiembre de 2018

O grupo de goberno levará ao vindeiro Pleno unha moción que reclama á Xunta que dote ao Punto de Atención Continuada da cidade de persoal suficiente para ofrecer un servizo de calidade

A iniciativa, que pide máis recursos para a Casa do Mar, únese á xa presentada polo executivo local sobre o porto e na que insta ao Goberno do Estado a condonar o préstamo concedido á Autoridade Portuaria da Coruña así como a crear un consorcio público con todas as administracións implicadas para a xestión do bordo litoral da cidade

O grupo que sustenta o goberno local trasladará ao próximo Pleno municipal, que se celebra o vindeiro luns, unha moción que busca o acordo dos partidos para instar á Xunta de Galicia a manter nos Puntos de Atención Continuada (PAC) persoal suficiente para garantir o correcto desenvolvemento do servizo e unha atención sanitaria de calidade. A moción traslada tamén aos e ás traballadoras dos PAC o apoio da Corporación municipal da Coruña e rexeita a "política de recortes sanitarios que está a levar a cabo a Xunta de Galicia". O documento recolle así mesmo instar ao Goberno autonómico a cumprir os acordos acadados no ano 2008 na mesa sectorial de negociación de persoal do Servizo Galego de Saúde (Sergas) sobre ordenación e provisión de postos de traballo, xornada, retribucións e condicións, que se coñece como Pacto de 2008.

A iniciativa sinala que, durante os meses de verán, "evidenciouse a falta de recursos da Atención Primaria" como "consecuencia directa das políticas de recortes levadas a cabo" pola Xunta de Galicia. Unha situación que concreta o texto nunha falta de persoal que "impide substituír as profesionais, que lexitimamente disfrutan das súas vacacións, cubrir as prazas de pediatría ou garantir a atención ás urxencias médicas nos Puntos de Atención Continuada". Así, no texto da moción indícase que o persoal que traballa no PAC da cidade, na Casa do Mar, "leva tempo denunciando o déficit de recursos humanos e a nula planificación coa que se ven obrigadas a traballar". Un centro que "absorbe a falta de cobertura dos servizos de Pediatría nos Mallos, Labañou e Novo Mesoiro" así como os e as pacientes derivadas polos centros de saúde "ao non cubrir as vacacións do persoal" e que afronta unha "sobrecarga asistencial" durante os meses de verán.

Tal e como se avanzou nos últimos días, o Pleno do próximo luns tamén deberá posicionarse, por iniciativa da segunda das mocións que presenta o equipo do grupo de goberno, sobre a débeda da Autoridade Portuaria da Coruña. A iniciativa insta á Xunta de Galicia e ao Ministerio de Fomento a condonar o préstamo concedido á Autoridade Portuaria para o financiamento das obras de Punta Langosteira e tamén á Autoridade Portuaria da Coruña, como a Puertos del Estado, ao Ministerio de Fomento, á Xunta de Galicia e ADIF a constituír un consorcio público xunto ao Concello da Coruña "como forma de participación e xestión do novo horizonte litoral no que, asegurando obxectivos tales como o uso e xestión públicas, a administración local coruñesa teña garantida a participación suficiente para a súa execución". Entre outros puntos, o texto recolle as necesidade de convocar de inmediato a Comisión de Seguimento prevista no convenio firmado no ano 2004 para a reordenación dos terreos portuarios e a de que o Estado impulse e financie a execución da conexión ferroviaria do Porto Exterior de Punta Langosteira.

Buscar más noticias

Webs municipales

Encuentre todas las webs y perfiles oficiales del Ayuntamiento de A Coruña.

  • Ayuntamiento de A Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña.
    • Plaza de María Pita, 1. 15001 A Coruña.
    • 981 184 200 o desde dentro del término municipal al teléfono de atención 010
¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari y Microsoft Internet Explorer 10 o superior. Instalar ahora un navegador compatible

?