Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Concello da Coruña

Desde a Organización dos Xogos Escolares, curso 2017-2018, informámolos/as do comezo da V edición da competición, que desde o luns 22 de xaneiro se desenvolve nas modalidades de: ​​​

  • ​Atletismo (pendente de data, á espera da finalización das obras de mellora na Pistas Universitarias de Elviña)
  • Baloncesto (Calendario - Clasificación provisional)
  • Balonmán (Calendario - Clasificación provisional)
  • Esgrima (Calendario - Clasificación provisional)
  • Hóckey Sala (Calendario - Clasificación provisional)
  • Tenis (Calendario - Clasificación provisional)
  • Xadrez (Calendario - Clasificación provisional)

Os Xogos Escolares son torneos deportivos dirixidos ao alumnado desde 2º de Educación Primaria até 4º de ESO de centros educativos da cidade, e teñen como obxectivo xeral incluír a competición como parte da formación e do desenvolvemento deportivo e persoal do alumnado.

CUSTO

Os Xogos Escolares son gratuítos para os/as participantes. 

A inscrición implica ter a cobertura dun seguro de accidente, a dotación do equipamento, material e, no caso dos CEIPS públicos da cidade, o transporte gratuíto de ida e volta ao centro educativo de orixe, así como persoal acompañante para o equipo que o solicite.

INSCRICIÓN DE EQUIPOS: Nº DE XOGADORES MÁXIMOS E MÍNIMOS POR EQUIPO

(O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA ESTA EDICIÓN ESTÁ PECHADO)

Para proceder a realizar as inscricións, primeiro deberás darte de alta como promotor/a de equipo ou equipos a través da plataforma Smart City seguindo as seguintes instrucións:

A primeira vez que realices unha inscrición como promotor/a nalgunha das actividades municipais, o sistema necesitará que previamente esteas dado de alta na Plataforma Smart City indicando algúns datos básicos.

Unha vez completado este proceso de darse de alta como promotor/a en Smart City, poderase empezar a formalizar as inscricións de cada unha das persoas participantes en cada modalidade deportiva. 

O sistema permitirá a gravación de inscricións todas as veces que se desexe. Cun límite máximo de 60 minutos cada unha delas. Así mesmo, tamén lembrará todas as persoas que inscribas, de forma que nunca terás que introducir a mesma información dúas veces.

Unha vez realizada a inscrición, o sistema enviarache un correo electrónico cos datos das persoas que inscribas e cunha ligazón por se queres dar de baixa a algunha delas.

Deberase cubrir un formulario de inscrición en liña para cada un dos equipos.

O primeiro día de actividade cada alumno/a inscrito/a deberá entregar cuberto e asinado o Formulario de Identificación de Participante, que se pode descargar na seguinte ligazón.

Os equipos dos ciclos de ESO deberán ir acompañados durante os encontros por unha persoa responsable maior de 18 anos.

Cada centro educativo, ANPA ou promotor/a poderá inscribir tantos equipos como queira, respectando os números de xogadores máximos e mínimos establecidos no seguinte cadro:

MODALIDADE INSTALACIÓN CATEGORÍA DÍAS HORARIO COMPETICIÓN Nº MÍN. Nº MÁX.
PRIMARIA (2º a 6º de Primaria)
Baloncesto Polideportivo Municipal Ventorrillo BENXAMÍN Xoves 18:00 a 19:00 h 4 x 4 4 8
ALEVÍN Martes
Balonmán Polideportivo Municipal San Fco. Xabier BENXAMÍN Xoves 18:00 a 20:00 h 5x5 5 10
ALEVÍN
Atletismo Pistas de Atletismo Universidade de Elviña BENXAMÍN Venres 17:30 a 19:30 h Individual 1 1
ALEVÍN
Tenis Polideportivo Municipal Sagrada Familia BENXAMÍN Venres 18:00 a 19:00 h Equipos 4 8
ALEVÍN
Hóckey Sala Polideportivo Municipal Ventorrillo BENXAMÍN Mércores 18:00 a 19:00 h 4x4 4 8
ALEVÍN
Esgrima Casa Da Agua - Centro Especializado de Esgrima BENXAMÍN Xoves 16:00 a 17:30 h Individual 1 1
ALEVÍN
Xadrez Palacio Municipal de Deportes de Riazor BENXAMÍN Venres 18:00 a 20:00 h Individual 1 1
ALEVÍN
ESO (1º a 4º da ESO)
Xadrez Palacio Municipal de Deportes de Riazor ESO Venres 18:00 a 20:00 h Individual 1 1
Hóckey Sala Polideportivo Municipal Ventorrillo ESO Mércores 18:00 a 19:00 h 4x4 4 8
Atletismo Pistas de Atletismo Universidade de Elviña ESO Venres 17:30 a 19:30 h Individual 1 1

ENTIDADES COLABORADORAS

  • Baloncesto: Club Básquet Coruña
  • Balonmán: Club Balonmano OAR Ciudad Vieja
  • Xadrez: Asociación Galega de Axedrecistas
  • Tenis: Escuela de Tenis Marineda
  • Hóckey Sala: Escola Hockey Hierba A Coruña
  • Atletismo: Club Marineda Atlético, Club Riazor Coruña y Club Coruña Comarca.
  • Esgrima: Club Esgrima Coruña, Club Zalaeta 100tolos y Escola Galega de Esgrima
  • Rugby: Club de Rugby Arquitectura Técnica
  • Federación Provincial de Anpas de Centros Públicos

MÁIS INFORMACIÓN

No caso de precisar máis información o de ter dúbidas sobre o programa, poden poñerse en contacto co Servizo Municipal de Deportes a través do enderezo electrónico xogosescolares@coruna.es ou no teléfono 981 189 800 Ext. 25037 / 25038

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?