Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Concello da Coruña

Tarxeta Millennium

A Tarxeta Coruña Millennium é a chave para pagar a túa viaxe en autobús ou utilizar os servizos das bibliotecas municipais. En breve, esta mesma "chave" permitirache realizar trámites administrativos desde o teu ordenador, reservar instalacións municipais, sacar entradas para concertos de rock ou a Sinfónica e mil cosas máis.

TARXETA MILLENNIUM XERAL:

Tarxeta de bus xeral coa cal, as súas persoas beneficiarias obterán descontos pola utilización do servizo público de transporte urbano.

Solicitude por primeira vez, renovación, roubo, perda ou deterioración:

  • Servizo de Mobilidade Urbana (Estación de Autobuses - rúa Cabaleiros, 21)
  • Rexistro Xeral Palacio Municipal (Praza de María Pita, 1)
  • Rexistro Auxiliar do Centro Sociocultural Ágora (Lugar Gramela, 17)
  • Documentación (particulares):

  • Impreso de solicitude
  • DNI (no suposto de menores de idade, ademais do DNI do pai, nai ou titor legal, deben achegar o da persoa interesada, se dispón del).
  • En caso de menores de idade, o contrato debe ir asinado polo pai, nai ou titor/a legal.
  • Xustificante de aboamento da taxa correspondente a: (3 EUROS pola expedición de cada tarxeta; 7 EUROS en caso de roubo, extravío, deterioración ou calquera outra causa imputable ao uso inadecuado da tarxeta).

Pode realizar o pago en liña das taxas da Tarxeta Millennium. Este procedemento require que vostede dispoña dun certificado dixital válido.

O concelleiro de Mobilidade Urbana, actuando con competencias delegadas pola Xunta de Goberno Local, o 30 de xuño de 2017 ditou a resolución que máis abaixo se transcribe, pola que se aproban as normas para obtención e renovación - se é o caso - da Tarxeta Millennium, así como os medios para a acreditación dos requisitos necesarios para obtela para o ano 2018 e ata a súa modificación, de ser o caso.

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?