Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Festival Mar de Mares

A celebración dos océanos

Cando:

Dende o 20/09/2018 ata o 23/09/2018

Este evento xa rematou

O océano, fonte de vida imprescindible, atopa no Festival Mar de Mares unha plataforma multidisciplinar desde a que celebrar a súa riqueza, pero tamén desde a que alertar dos perigos que axexan ao que é o maior ecosistema do planeta. E A Coruña loce orgullosa o seu carácter atlántico durante os días de setembro nos que o Festival a converte na capital do mar: arte, ciencia, activismo, educación, gastronomía, deporte e emprendimiento, todos os sectores e axentes da cidade unen forzas para converter Mar de Mares nun evento único por e para o océano.

MAR DE MARES 2018

En 2018 mostramos o mar como un escenario de aventuras, iniciativas de futuro, fonte de inspiración e soños compartidos. Os expertos calculan que, de seguir co modelo de sociedade de consumo actual, no 2050 haberá máis toneladas de plástico no mar que de peixes, o que unido a outras ameazas que sofren os océanos, provocará a súa desaparición como fonte de vida e riqueza. É necesario cambiar a nosa forma de relacionarnos co planeta e buscar unha forma de produción e consumo que evite que miles de toneladas de residuos cheguen cada ano ao mar, o que se coñece como Economía Circular, un modelo baseado na propia natureza, onde non existe o lixo e onde todos os elementos son reutilizados en diferentes etapas. Para entender este novo concepto, e coñecer iniciativas de éxito que xa están en marcha, teremos os Encontros Signus: No camiño cara a unha economía circular, que nos traerán a un dos maiores expertos na materia, Nicola Cerantola, fundador de Ecologing.

Para axudarnos na conquista cotiá dunha nova relación co noso planeta e sumarnos ao cambio contaremos con exemplos realmente inspiradores como o das británicas Amy e Ella Meek, irmás de 12 e 14 anos, que nos contarán como emprenderon a campaña Kids Against Plastic para convencer a produtores, comerciantes, políticos e persoas usuarias a rexeitar os plásticos dun só uso.

A ciencia volve ser protagonista no noso festival e comezamos cun evento que aúna Mulleres de Mar e investigación: un monólogo de humor, no que tres mulleres soben ao escenario para contarnos a importancia que ten a preservación dos océanos, pero ademais lembrarannos o difícil que é, ás veces, ser muller e científica.

Noutro exercicio de recuperar a intensa relación da cidade e o mar, este ano contamos cunha sede moi especial, o veleiro Juan de Lángara, co que poderemos observar A Coruña desde o mar nun paseo pola ría á tardiña.

A gastronomía e o emprendemento danse de novo a man nun dos pratos fortes do Festival, o Mercado do Mar, onde poderemos coñecer, degustar e comprar numerosos produtos mariños elaborados con fortes criterios de sustentabilidade, desde mariscos a conservas pasando por empanadas e cervexas. Ademais teremos showcookings e concertos para gozar da comida e a música en familia. E as/os máis madrugadores poderán apuntarse a O cru e o Cocido, o almorzo mariñeiro preparado por Javier Ozores, tras a visita á Lonxa da Coruña.

Pero o mar é un lugar que ademais de todo isto, ofrécenos o mellor escenario para cumprir os nosos soños, aventuras e empresas, un lugar para practicar deportes, viaxar, emprender e aprender. Telmo Aldaz de la Quadra-Salcedo, fillo de mariñeiro e sobriño de aventureiro, leva nas súas veas a paixón polo océano e a aventura e transformouno nun modo de vida. Na súa charla co público, falaranos do seu compromiso con este hábitat natural e relataranos as súas anécdotas en alta mar e no seu encontro con estudantes animaraas/os a atopar o aventureiro que levan dentro.

Nas próximas semanas, Mar de Mares 2018 anunciará nomes e actividades que se irán sumando ao Festival e que converterán, un ano máis, a nosa cidade na capital dos océanos. Está atento, non perdas ningunha sorpresa.

Consulta aquí o calendario de actividades.

Botas algo en falta?

Se queres engadir algo á axenda da túa cidade ou corrixir algunha información errónea só tes que dicírnolo .

Que falta na axenda?

  • Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?