Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña
Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..
981184295
De luns a venres de 9.00 h. a 20.30 h.
Sábados de 9.00 h. a 14.00 h. e de 16.00 h. a 20.30 h. (xullo e agosto de 17.00 h. a 20.30 h.).
Situada dentro do Fórum Metropolitano
O Centro Municipal de Información Xuvenil do Concello da Coruña, co obxectivo de potenciar e visibilizar o traballo dos mozos creadores da nosa cidade, así como de facilitar a difusión dos seus traballos artísticos e o coñecemento destes por parte da cidadanía, puxo en marcha a sala de exposicións Plataforma14 no edificio do Fórum Metropolitano.
A sala está dotada de iluminación, sistemas de suxeición e soportes adecuados para a exposición de artes plásticas e/ou arte multimedia, e conta con acceso a Internet a través de rede Wifi.
As obras expostas pertencerán, en sentido amplo,ás incluídas no campo das artes visuais (debuxo, escultura, instalacións artísticas, fotografía, ilustracións, perfomance, pintura, videoarte, etc), sempre que poidan axustarse ao espazo expositivo e o seu equipamento.
As condicións de cesión da sala pódense consultar na seguinte web: www.coruna.es/cmix/plataforma14
Actividades relacionadas
Entidades
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible