Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña
Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..
Faite voluntario! -Faite voluntaria!: participa en Voluntariado Deportes Coruña: nas distintas actividades, eventos, escolas deportivas, cursos etc. organizados polo Servizo Municipal de Deportes.
Pode exercer en voluntariado toda persoa maior de 18 anos (menores con autorización) con gana de participar, colaborar, divertirse e integrar e integrarse nos proxectos deportivos de cidade.
Novos voluntarios/as: Inscríbete: Formulario de solicitude
PROGRAMAS DE VOLUNTARIADO DEPORTES CORUÑA
1. Participación en espectáculos deportivos.
Dende este programa trátase de contribuír e apoiar a realización de grandes eventos deportivos, onde é necesaria a participación dun gran número de persoas que colaboren e se integren nun gran labor de cooperación deportiva e internacional.
Estade atentos ás súas respectivas convocatorias en Voluntariado Deportes, en www.coruna.es/deportes
2. Apoio en Escolas Deportivas Municipais.
Trátase de contribuír e facilitar a práctica deportiva a colectivos e persoas con necesidades moi especiais:
3. Deporte, saúde, medio ambiente e hábitos de vida sans.
Este tipo de acción voluntaria baséase na impartición de charlas, conferencias, ciclos encamiñados a temas de saúde e á divulgación de hábitos de vida sans e ambientais relacionados co deporte para contribuír na obtención dunha maior calidade de vida da cidadanía e sustentabilidade das nosas cidades e espazos naturais.
ENTRA EN VOLUNTARIADO DEPORTES CORUÑA
...participa en Voluntariado Deportes Coruña, e participa en eventos deportivos, escolas deportivas, e/ou en futuras accións, inscríbete: Inscríbete: Formulario de solicitude
En principio non é necesario ningún perfil específico, posto que estas actividades están sempre coordinadas por profesionais e técnicos, que te formarán para o exercicio do teu labor.
Só se requirirá seriedade no cumprimento do compromiso adquirido.
Sen dúbida será unha fantástica experiencia para todo aquel que colabore, ampliando amizades, coñecementos, vivencias etc...
Terás dereito a: (Extracto normativa vixente)
Deberes: (Extracto normativa vixente)
POSTERS VOLUNTARIADO
MÁIS INFORMACIÓN:
Inscríbete: Formulario de solicitude.
Se desexas máis información pódela solicitar en voluntariadodeportes@coruna.es
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible