Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña
Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..
O 25 de xuño empeza unha nova etapa na Cidade Vella coa súa peonalización: o centro histórico da Coruña quedará libre de coches.
A peonalización é un dos eixos do Plan de Revitalización municipal para o barrio, que ten como finalidade dinamizalo dunha forma integral, coordinada e participada.
As primeiras medidas de reordenación do tráfico comezan o mércores 20. A rúa Maestranza pasa a ser de sentido único (en sentido ascendente desde o Hospital Abente y Lago) e créase un xiro á esquerda desde o Paseo cara a Julio Portela Ceballos. Ademais, a parada do transporte público do Reitorado situarase no carril de baixada cara ao Paseo.
Coñece aquí todas distintas medidas que o Concello da Coruña puxo en marcha para efectuar a peonalización, como as melloras de accesibilidade ou a nova circulación no barrio:
> Cidade Vella libre de coches
A Tarxeta Coruña Millennium é a chave para pagar a túa viaxe en autobús ou utilizar os servizos das bibliotecas municipais. En breve, esta mesma "chave" permitirache realizar trámites administrativos dende o teu ordenador, reservar instalacións municipais, sacar entradas para concertos de rock ou a Sinfónica e mil cousas máis.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible