Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Asistencia Sanitaria Española

Teléfono:

981 155 601

981 155 625

981 569 540 (atención ao cidadán)

Páxina web:

www.sergas.es

Horario:

Luns a venres de 09.00 h a 14.00 h.

 

Teléfono de atención ao cidadán:

Luns a venres de 08.00 h a 22.00 h.

TITULARIDADE: Consellería de Sanidade.

 

 

 

TARXETA SANITARIA

Documento que identifica e acredita os cidadáns no Sistema Público de Saúde de Galicia, é individual e intransferible, tanto adultos como menores teñen a súa propia tarxeta e deben levala cando se acuda a calquera centro sanitario do Servizo Galego de Saúde ou á farmacia para adquirir os medicamentos.

 

Documentación solicitude por 1ª vez:

Titulares da Seguridade Social (traballadores e pensionistas):

  • DNI.
  • Certificado de empadroamento.
  • Cartilla da Seguridade Social.
  • En caso de beneficiarios menores de idade deben presentar o libro de familia.
  • En caso de beneficiarios maiores de idade deben achegar DNI e certificado de padrón.

 

Documentación expedición de duplicado (por perda, roubo ou deterioración):

  • DNI
  • Aboar a taxa establecida: 10 €.

 

Lugar de tramitación: 

  • Presencial: no centro de saúde que lle corresponda a cada cidadán.
  • Online: a través da páxina web www.sergas.es (con certificado dixital).

 

Normativa:

Decreto 177/1995, do 16 de xuño, polo que se regula a tarxeta sanitaria da Comunidade Autónoma de Galicia, publicado no DOG núm. 125 do 30 de xuño de 1995.

Orde do 12 de xullo de 1995, de desenvolvemento do Decreto 177/1995, do 16 de xuño, polo que se regula a tarxeta sanitaria da Comunidade Autónoma de Galicia, publicada no DOG núm. 142 do 26 de xullo de 1995.

Decreto 429/2009, do 3 de decembro, polo que se modifica o Decreto 177/1995, do 16 de xuño, polo que se regula a tarxeta sanitaria, publicado no DOG núm. 238 do 4 de decembro de 2009.

Decreto 206/2008, do 28 de agosto, de receita electrónica, publicado no DOG núm. 181 do 18 de setembro de 2008.

Lei 12/2011, do 26 de decembro, de medidas fiscais e administrativas, publicada no DOG núm. 249 do 30 de decembro de 2011 (Capítulo II - Tributos propios, Art. 8 - Taxas) e no BOE núm. 23 do 27 de xaneiro de 2012.

Real Decreto-lei 16/2012, do 20 de abril, de medidas urxentes para garantir a sustentabilidade do Sistema Nacional de Saúde e mellorar a calidade e seguridade das súas prestacións, publicada no BOE núm. 98 do 24 de abril de 2012. Corrección de erros, publicada no BOE núm. 116 do 15 de maio de 2012.

Resolución do 27 de xuño de 2012, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade, pola que se acorda dar publicidade ás instrucións sobre o procedemento de xestión do reintegro de gastos da prestación farmacéutica ambulatoria previsto no artigo 4 do Real decreto-lei 16/2012, do 20 de abril, que engade un novo artigo 94.bis á Lei 29/2006, do 26 de xullo, publicada no DOG núm. 124 do 29 de xuño de 2012.

Resolución do 31 de agosto de 2012, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade, pola que se acorda a publicación da Instrución do 31 de agosto de 2012 sobre a prestación de asistencia sanitaria en Galicia ás persoas que non teñen a condición de asegurado ou de beneficiario recoñecida polo Instituto Nacional da Seguridade Social ou, se é o caso, polo Instituto Social da Mariña, publicada no DOG núm. 175 do 13 de setembro de 2012.

 

 

 

PERSOAS SEN RECURSOS ECONÓMICOS SUFICIENTES OU QUE SE ENCONTRAN EN SITUACIÓN DE DESEMPREGO

Poderán solicitar o recoñecemento do dereito á asistencia sanitaria nos centros de saúde de Atención Primaria, dependentes do Servizo Galego de Saúde:

  • As persoas sen recursos económicos suficientes, empadroadas en calquera concello da Comunidade Autónoma de Galicia, que, como mínimo, leven residindo en España 183 días, cuxa renda, de calquera natureza, sexa igual ou inferior ao Salario Mínimo Interprofesional e non teñan recoñecido o dereito á asistencia sanitaria por calquera dos réximes da Seguridade Social.
  • Os traballadores en busca de emprego na nosa comunidade autónoma ao terminar as prestacións económicas.

O recoñecemento deste dereito pódese iniciar de oficio ou ben por solicitude do interesado, neste último suposto, xunto coa solicitude deberá achegar:

  • DNI, tarxeta de identidade de estranxeiro (permiso de residencia), pasaporte ou outro documento identificativo oficial do solicitante.
  • No suposto de menores de idade, libro de familia, certificado de nacemento ou, no caso de nados nun hospital, parte médico de nacemento xunto coa declaración dos pais e os seus documentos de identidade.
  • Certificado de empadroamento individual ou conxunto, segundo corresponda.
  • Baixa consular do país de orixe no caso de españois retornados.
  • Acreditación documental da residencia en España, cunha antigüidade mínima de 183 días.
  • Número da Seguridade Social (emitido polo CAISS).

A solicitude presentarase no centro de saúde que, por razón de residencia, corresponda.

 

Normativa:

Lei 12/2011, do 26 de decembro, de medidas fiscais e administrativas, publicada no DOG núm. 249 do 30 de decembro de 2011 (Título II, Capítulo VI - Saúde) e no BOE núm. 23 do 27 de xaneiro de 2012Corrección de erros, publicada no DOG núm. 37 do 22 de febreiro de 2012.

Orde do 5 de setembro de 2011 pola que se actualiza o procedemento para o recoñecemento do dereito á asistencia sanitaria por parte das persoas sen recursos económicos suficientes e das que se encontran en situación de desemprego, publicada no DOG núm. 173 do 9 de setembro de 2011.

Real decreto-lei 16/2012, do 20 de abril, de medidas urxentes para garantir a sustentabilidade do Sistema Nacional de Saúde e mellorar a calidade e seguridade das súas prestacións, publicada no BOE núm. 98 do 24 de abril de 2012. Corrección de erros, publicada no BOE núm. 116 do 15 de maio de 2012.

Resolución do 27 de xuño de 2012, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade, pola que se acorda dar publicidade ás instrucións sobre o procedemento de xestión do reintegro de gastos da prestación farmacéutica ambulatoria previsto no artigo 4 do Real decreto-lei 16/2012, do 20 de abril, que engade un novo artigo 94.bis á Lei 29/2006, do 26 de xullo, publicada no DOG núm. 124 do 29 de xuño de 2012.

 

 

 

PRESTACIÓN DE ASISTENCIA SANITARIA EN GALICIA ÁS PERSOAS QUE NON TEÑEN A CONDICIÓN DE ASEGURADO OU DE BENEFICIARIO RECOÑECIDA POLO INSTITUTO NACIONAL DA SEGURIDADE SOCIAL (INSS) OU POLO INSTITUTO SOCIAL DA MARIÑA (ISM)

 

Programa galego de protección social da saúde pública para a prestación da asistencia sanitaria en Galicia:

Poderán solicitar o recoñecemento do dereito á asistencia sanitaria nos centros de saúde de Atención Primaria, dependentes do Servizo Galego de Saúde:

  • As persoas, con documentación identificativa válida e en vigor, que a partir do 1 de setembro de 2012 non teñan dereito á asistencia sanitaria coa condición de asegurado ou beneficiario recoñecido polo INSS ou, se é o caso, polo Instituto Social da Mariña (ISM) e que non poidan acollerse a un convenio especial.

Será necesario que o interesado ou o seu representante presente a solicitude da súa asistencia sanitaria no centro de saúde correspondente achegando un documento acreditativo da súa identidade no prazo de seis meses contados a partir da primeira asistencia sanitaria prestada polo Servizo Galego de Saúde dende o 1 de setembro de 2012.

A validez do programa será a sinalada pola Consellería de Sanidade para cada caso.

 

Outras situacións especiais: 

As persoas estranxeiras non rexistradas nin autorizadas con residentes en España, que se encontren en Galicia, e que non teñan nin poidan ter asistencia sanitaria pública polas vías reglamentadas en España, nin exportar o dereito dende o seu país de procedencia, recibirán asistencia sanitaria por parte do Servizo Galego de Saúde, nas seguintes modalidades:

  • De urxencia por enfermidade grave ou accidente, calquera que sexa a causa, ata a situación de alta médica, logo da solicitude previa cada vez que necesite asistencia sanitaria, nos Puntos de Atención Continuada (PAC) ou servizos de urxencias hospitalarios.
  • De asistencia ao embarazo, parto e postparto, logo da solicitude previa a primeira vez que necesite a asistencia sanitaria, no centro de saúde correspondente.
  • Os estranxeiros menores de 18 anos, recibirán asistencia sanitaria nas mesmas condicións que os galegos ata o cumprimento da maioría de idade, logo da solicitude previa a primeira vez que necesite a asistencia sanitaria, no centro de saúde correspondente.
  • Solicitantes de protección internacional e vítimas da trata de seres humanos en período de restablecemento e reflexión, sempre que dispoñan de autorización para estar en España e mentres permanezan nesta situación, ata a data que consta no documento que autoriza a estancia temporal, logo da solicitude previa a primeira vez que necesite a asistencia sanitaria, no centro de saúde correspondente.
  • Programa de saúde pública de enfermidades que supoñan risco para a saúde da comunidade, ata a alta médica nese proceso de enfermidade concreto, logo da solicitude previa dende o primeiro día de asistencia, na unidade correspondente do centro hospitalario.

 

Normativa:

Resolución do 31 de agosto de 2012, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade, pola que se acorda a publicación da Instrución do 31 de agosto de 2012 sobre a prestación de asistencia sanitaria en Galicia ás persoas que non teñen a condición de asegurado ou de beneficiario recoñecida polo Instituto Nacional da Seguridade Social ou, se é o caso, polo Instituto Social da Mariña, publicada no DOG núm. 175 do 13 de setembro de 2012.

Resolución do 21 de setembro de 2012, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade, pola que se acorda a publicación da Instrución do 21 de setembro de 2012 de creación do Programa galego de protección social da saúde pública, publicada no DOG núm. 193 do 9 de outubro de 2012.

 

 

 

DESPRAZADOS DENTRO DA COMUNIDADE AUTÓNOMA

Persoas que se trasladan da súa residencia habitual a outra de maneira temporal por motivos laborais, persoais, etc.

Os desprazados poden ser:

  • Titulares da tarxeta sanitaria.
  • Beneficiarios da tarxeta sanitaria.

 

Titulares: 

Os titulares deben solicitar a Tarxeta de Desprazados.

Con esta tarxeta asignarase un segundo médico próximo ao lugar de residencia temporal e á vez seguirá mantendo o mesmo médico de cabeceira, co cal, poderá acudir á consulta de ambos indistintamente.

Esta tarxeta solicítase no centro de saúde máis próximo á residencia temporal.

Ten unha validez de seis meses prorrogables por outros seis (xustificando o motivo da solicitude de prórroga), unha vez transcorrido este prazo terá que elixir un único centro de saúde.

 

Beneficiarios:

Aos beneficiarios asignaráselles unha segunda zona médica.

Coa segunda zona médica asignarase un médico próximo á residencia á que se traslade, o cal asumirá as funcións de médico de cabeceira. Tamén poderá seguir acudindo ao que ata o momento era o seu médico de cabeceira pero este atenderao/a como desprazado. 

Este trámite realizarase no centro de saúde máis próximo á súa residencia temporal.

 

 

 

DESPRAZAMENTOS TEMPORAIS (por vacacións, etc): 

 

Desprazamentos dentro da comunidade autónoma:

Só é necesario presentar a tarxeta sanitaria.

 

Desprazamentos dentro do territorio español:

Só é necesario presentar a tarxeta sanitaria.

  • Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?