Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Atención Sanitaria Internacional

DESPRAZAMENTOS TEMPORAIS POLA UNIÓN EUROPEA, ESPAZO ECONÓMICO EUROPEO E SUÍZA

 

TARXETA SANITARIA EUROPEA (TSE)

Descrición:

A Tarxeta Sanitario Europea (TSE) é un documento persoal e intransferible que acredita aos titulares, e beneficiarios ao seu cargo, o dereito a recibir as prestacións sanitarias que resulten necesarias, durante a súa estancia temporal por motivos de traballo, estudos ou turismo, na Unión Europea, o Espazo Económico Europeo (Islandia, Leichenstein e Noruega) e Suíza, de acordo coa lexislación vixente, en materia de sanidade, do país de estancia.

Solicitude:

Como indicamos no punto anterior, a tarxeta é persoal e intransferible polo tanto, será necesaria a solicitude de maneira individual por parte de todos os interesados, xa sexan titulares ou beneficiarios destes.

  • Presencial: en calquera Centro de Atención e Información da Seguridade Social (CAISS) presentando a Tarxeta Sanitaria e o DNI. 
  • Por teléfono: 900 166 565
  • Online: a través da páxina web: www.seg-social.es (sen certificado dixital).

Unha vez realizada a solicitude (independentemente do medio de presentación), a tarxeta enviarase ao domicilio do interesado por correo postal nun prazo máximo de dez días.

Non poderán solicitar a Tarxeta Sanitaria Europea online nin telefonicamente, por ser necesario achegar documentación, os seguintes supostos:

  • Perceptores de prestacións por desemprego e os seus beneficiarios.
  • Persoas en alta cun contrato de carácter temporal.
  • Titulares dunha pensión non contributiva.

Validez: dous anos para os titulares e un ano para os beneficiarios.

Renovación: realizarase da mesma maneira que a solicitude por primeira vez.

 

CERTIFICADO PROVISIONAL SUBSTITUTORIO (CPS):

Este Certificado solicitarase cando o desprazamento sexa inminente e non sexa posible a obtención da Tarxeta Sanitaria Europea (TSE) ao comezo del.

A atención sanitaria para os titulares deste Certificado prestarase nas mesmas condicións que para os titulares da Tarxeta Sanitaria Europea.

Solicitude: 

É necesaria a solicitude de maneira individual por parte de todos os interesados, xa sexan titulares ou beneficiarios destes.

  • Presencial: en calquera Centro de Atención e Información da Seguridade Social (CAISS) presentando a Tarxeta Sanitaria e o DNI.
  • Online: a través da páxina web: www.seg-social.es (con certificado dixital).
O Certificado expídese no momento da solicitude.

Validez: noventa días.

Renovación: realizarase da mesma maneira que a solicitude por primeira vez.

 

 

 

DESPRAZAMENTOS TEMPORAIS A OUTROS PAÍSES (cos que España mantén un convenio regulador)

 

DESPRAZAMENTOS A ANDORRA, BRASIL, CHILE, ECUADOR E PERÚ

Para recibir atención sanitaria nestes países é necesario levar o documento de afiliación á Seguridade Social (cartilla sanitaria) e o formulario facilitado polo INSS.

 

DESPRAZAMENTOS A BOS AIRES, URUGUAI, VENEZUELA E BRASIL

A Consellería de Sanidade asinou convenios con algúns centros galegos situados nalgunhas localidades destes países, polo tanto os galegos que acudan a estes centros terán dereito a recibir asistencia sanitaria urxente presentando a Tarxeta Sanitaria galega.

Os ditos centros son os que se enumeran a continuación:

  • Centro Galego de Bos Aires (Arxentina).
  • Sociedade Española de Beneficencia, Hospital Español de Bos Aires (Arxentina).
  • Casa de Galicia en Montevideo (Uruguai).
  • Asociación Española de Socorros Mutuos de Montevideo (Uruguai).
  • Irmandade Galega de Venezuela.
  • Real Sociedade Española de Beneficencia de Salvador - Baía (Brasil).   
  • Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?