Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña
Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..
A Casa das Ciencias é un museo interactivo, do Servizo municipal Museos Científicos Coruñeses, que abriu as súas portas o 1 de xuño de 1985
Situada nun palacete dentro do Parque de Santa Margarida, conta cun planetario e tres plantas de exposicións: experiencias de física, exposición sobre péndulos e exposición sobre a astronomía nos medios de comunicación. No oco da escaleira central oscila un péndulo de Foucault.
EXPOSICIÓNS
> SOLARIGRAFÍAS
A exposición fotográfica Solarigrafías está composta por 12 imaxes nas que o Sol é o protagonista. As instantáneas mostran o rastro da nosa estrela en diferentes latitudes da Terra.
> FÍSICA EN ACCIÓN
Xoga, sinte, imaxina, pensa, sorrí, soña... Experimenta cos módulos interactivos do primeiro piso, e esperta a túa curiosidade pola física. Na Casa das Ciencias o importante non son as respostas, senón facerse preguntas: Pode baixarse unha costa cara arriba? Como se moven as dunas? Que tamaño pode acadar unha pompa de xabón?
> PURO SWING
A exposición Puro swing é unha colección de 15 módulos interactivos para xogar e experimentar sobre aspectos relacionados co movemento dos péndulos. Sube a unha randeeira diferente, comprende o segredo do botafumeiro, mira como a gravidade fai debuxos xeométricos ou descubre como funcionaban os reloxos antes de que houbese pilas.
> A ASTRONOMÍA COMO CHA CONTAN
A astronomía como cha contan é unha exposición sobre a forma en que os medios tratan as noticias sobre astronomía e astronáutica. A información está distribuída en seis ámbitos que cobren desde a exploración do Sistema Solar ata os achados de planetas extrasolares ou a vida dos astronautas no espazo.
> PARQUE
As sorpresas da Casa das Ciencias traspasan as súas paredes e invaden o Parque de Santa Margarida. Proba a mover unha bóla de granito de 1500 quilos cunha soa man ou sentar xunto a unha maceira clónica da de Newton, a que o inspirou para descubrir a lei da gravidade.
PLANETARIO
Viaxa polo espazo e o tempo, e aprende a mirar o ceo por ti mesmo. Na escuridade do Planetario asoman as estrelas visibles a simple vista, a Lúa e os planetas. Os programas de astronomía e as sesións en directo achegan o universo a todos os públicos.
CARTELEIRA
» Sábados, domingos e festivos:
12:00 h A noite do vampiro (infantil, galego). (Excepto o último sábado do mes*)
13:00 h Lévame á Lúa (castelán)
17:00 h Más allá del Sol (infantil, castelán)
18:00 h Lévame á Lúa (galego)
* Os últimos sábados de cada mes hai dúas sesións gratis especiais en directo:
11.00 h O ceo para informados. Para profundar nos coñecementos astronómicos (para maiores de 14 anos).
12.00 h O ceo do mes. Para iniciarse na observación do ceo (para maiores de 10 anos).
HORARIO
> INVERNO (xaneiro e febreiro)
Luns a venres: 10:00 h a 18:00 h*
Sábados, domingos e festivos: 11:00 h a 19:00 h*
O acceso pecha 15 minutos antes.
1 e 6 de xaneiro: pechado
> PRIMAVERA (marzo a xuño)
Luns a domingo: 10:00 h a 19:00 h*
O acceso pecha 15 minutos antes.
> VERÁN (xullo e agosto)
Luns a domingo: 10:00 h a 20:00 h*
O acceso pecha 15 minutos antes.
> OUTONO (setembro a decembro)
Luns a domingo: 10:00 h a 19:00 h*
24 de decembro: 10:00 h a 14:00 h*
31 de decembro: 10:00 a 14:00 h*
O acceso pecha 15 minutos antes.
25 de decembro: pechado
ENTRADAS
> Xeral: 2 euros. Planetario: 2 euros
> Reducida*: 1 euro. Planetario: 1 euro
*Menores de 16 anos; maiores de 65; persoas desempregadas, tras a presentación de documento acreditativo; Carné xove e membros de familias numerosas, tras a presentación de documento acreditativo.
> Gratis
> Bono Tres Casas: 12 euros
> Tarxeta Vente: 20 euros
> Tarxeta Vente Mini*: 10 euros
*Menores de 14 anos e maiores de 65
VISITAS ESCOLARES
Se queres visitarnos cun grupo escolar, consulta toda a información aquí.
Entidades
Preguntas frecuentes
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible