Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña
Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..
CASTRO
Poboado protohistórico situado no termo municipal da Coruña. O castro está delimitado por murallas e o espazo habitado excede as 4 hectáreas, é un dos máis grandes da Galicia setentrional. Consta de tres recintos amurallados nos que as escavacións arqueolóxicas están a sacar á luz as diferentes construcións que se poden observar na visita. Os materiais obtidos nas escavacións son estudados e exhibidos no Museo Arqueolóxico e Histórico "Castelo de Santo Antón".
O Castro de Elviña é un poboado protohistórico que estivo habitado entre o século III a.C. e o século IV d.C. O recinto consta de tres espazos amurallados. A croa, ou zona máis elevada, está rodeada dunha muralla duns 4 ou 5 m de altura e no seu interior agrúpanse as pequenas construcións. As terrazas inferiores mostran murallas de menores dimensións e edificacións diversas, como o singular pozo-alxibe.
Nas escavacións arqueolóxicas sácanse á luz materiais e obxectos que se exhiben no Museo Arqueolóxico e Histórico Castelo de Santo Antón. Entre eles, o conxunto de pezas áureas coñecido como o "Tesouro de Elviña".
Está declarado Ben de Interese Cultural (BIC) (Monumento Histórico Artístico: Decreto 1758 1962 do 5 de xullo).
VISITAS GUIADAS
Tarifa: gratuíto
Acceso: accédese ao Castro desde a vía que comunica o Campus Universitario de Elviña co Campus Universitario da Zapateira.
Punto de encontro: entrada ao Castro de Elviña (as persoas visitantes deben estar 10 minutos antes da hora de visita ao Castro na entrada).
Duración: hora e media aproximadamente
Programa de visitas inverno (outubro a xuño): domingo ás 12:00 h
Organízanse visitas en horarios especiais para grupos escolares.
Programa de visitas verán (xullo a setembro):
Organízanse visitas en horarios especiais para grupos escolares.
Máis información: Cultura
Teléfono: 981 189 850 (despachos de entrada Museo Arqueolóxico)
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible