Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña
Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..
Domus foi o primeiro museo interactivo do mundo dedicado ao ser humano, e é o segundo dos tres Museos Científicos Coruñeses
O edificio, obra do arquitecto xaponés Arata Isozaki, ten máis de 150 módulos interactivos para divertirse e reflexionar sobre as características da especie humana.
EXPOSICIÓNS
> BOCADOS
Unha exposición sobre a nutrición e os Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable (ODS) da ONU, que nos comprometen para actuar a favor de cambios globais e integrados que permitan poñer fin á fame e á malnutrición antes de 2030.
> XOGO DE NEURONAS
Xogo de neuronas. Pezas da intelixencia humana é unha exposición na que se exploran a anatomía e o funcionamento do cerebro. O seu elemento máis emblemático é unha colorida rede neural elaborada con neuronas creadas por escolares galegos.
> XENÉTICA
Investiga que é a enxeñería xenética, reflexiona por que nos parecemos aos nosos pais ou indaga sobre os produtos transxénicos. Ademais, descubre o código da vida nas maquetas do ADN da planta baixa da Domus. Unha exposición dedicada á xenética que busca responder as curiosidades das persoas visitantes arredor dun tema científico de continua actualidade.
> EVOLUCIÓN
Indaga se os trazos dos que tanto presumimos son exclusivos da especie humana e verás que non somos o embigo do mundo. A Domus e o persoal investigador de Atapuerca presenta un enfoque diferente da evolución da familia humana na exposición Homínidos e Homínidas. A familia fachendosa. Cando deixamos de ser caníbales? Era capaz de falar o home de Neandertal? Quen foi o primeiro europeo? Como vivían os nosos antepasados? Somos tan exclusivos como cremos?
ESPAZOS SINGULARES
> LABORATORIO ABERTO
O Laboratorio Aberto é o espazo de experimentación da Domus onde o científico es ti.
> maker@domus
maker@domus é un espazo da Domus para experimentar a cultura maker e facer tecnoloxía por ti mesmo. Unha oportunidade única para comezar a pensar coas mans.
CINEMA
Na sala Leonardo da Vinci podes gozar de cinema científico nunha pantalla de 80 m2 e con 4000 watts de son de calidade dixital.
CARTELEIRA
De luns a venres ás 17.00, 18.00 e 19.00 horas. Sábados, domingos e festivos ás 12.00, 13.00, 17.00 e 18.00 h
> Divulgare: Praderías de «Posidonia oceanica»: un tesouro submarino
> De maior quero ser científica: matemática
> Divulgare: Alarma contra ladróns
HORARIO
> INVERNO (xaneiro e febreiro)
Luns a venres: 10:00 h a 18:00 h*
Sábados, domingos e festivos: 11:00 h a 19:00 h*
O acceso pecha 15 minutos antes.
1 e 6 de xaneiro: pechado
> PRIMAVERA (marzo a xuño)
Luns a domingo: 10:00 h a 19:00 h*
O acceso pecha 15 minutos antes.
> VERÁN (xullo e agosto)
Luns a domingo: 10:00 h a 20:00 h*
O acceso pecha 15 minutos antes.
> OUTONO (setembro a decembro)
Luns a domingo: 10:00 h a 19:00 h*
24 de decembro: 10:00 h a 14:00 h*
31 de decembro: 10:00 a 14:00 h*
O acceso pecha 15 minutos antes.
25 de decembro: pechado
ENTRADAS
> Xeral: 2 euros. Cinema: gratis
> Reducida: 1 euro*. Cinema: gratis
*Menores de 16 anos; maiores de 65; persoas desempregadas, tras a presentación de documento acreditativo; Carné Xove e membros de familias numerosas, tras a presentación de documento acreditativo.
> Gratis
> Bono Tres Casas: 12 euros
> Tarxeta Vente: 20 euros
> Tarxeta Vente Mini*: 10 euros
*Menores de 14 anos e maiores de 65
VISITAS ESCOLARES
Se queres visitarnos cun grupo escolar, consulta toda a información aquí.
Entidades
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible