Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Cando:

27 de xullo de 2018

Convocatoria de usos de Instalacions Deportivas Municipais Tempada 2018-19

CONVOCATORIA DE ASIGNACIÓN DE USOS DAS INSTALACIÓNS DEPORTIVAS MUNICIPAIS PARA ADESTRAMENTOS, COMPETICIÓNS DEPORTIVAS E EXECUCIÓN DE PROGRAMAS QUE PROMOVAN A INTEGRACIÓN (TEMPADA 2018-2019)

27 de Setembro

ANUNCIO MODIFICACIÓN DISPOSICION TRANSITORIA ÚNICA

Faise pública a resolución de modificación da Disposición transitoria única; xa que non se poden prorrogar  os usos concedidos na resolución da tempada 16-17 ao ser declarada nula por sentenza xudicial firme. Polo tanto deberán entenderse prorrogados os usos concedidos na tempada 15-16, sin perxuizo de que durante dita prorroga poderanse solicitar aquelas franxas que estean sin ocupar hasta que se publique a resolución definitiva da convocatoria da tempada 18-19. Para mais información  consulte o documento  na seguinte ligazón.

18 de Setembro - Anuncio para emenda de solicitudes

Faise pública a relación de entidades que teñen que presentar documentos para completar a solicitude de usos de instalacións deportivas para a tempada 2018-2019. Pode consultalo na seguinte ligazón, ou no documento adxunto ao pe da noticia:

O prazo para presentar a documentación remata o día 2 de outubro de 2018.

27 de Xullo - Convocatoria de Solicitudes

Mediante Resolución do concelleiro de Cultura, Deporte e Coñecemento do día 18/07/2018 aprobáronse as bases reguladoras da convocatoria de asignación de usos das instalacións deportivas municipais para adestramentos, competicións deportivas e execución de programas que promovan a integración (tempada 2018-2019).

As solicitudes cumprimentaranse empregando o modelo dispoñible na páxina web municipal e  deberán presentarse preferentemente a través de vía electrónica ou ben nos Rexistros de Entrada das instalacións deportivas municipais: C.D. Riazor, Polideportivo Barrio das Flores, C.D. A Torre, en calquera das oficinas do Rexistro Xeral de Entrada de Documentos do Concello  ou en calquera  outro  lugar dos previstos na vixente Lei de procedemento administrativos das Administracións Públicas.

A presentación realizarase no prazo de QUINCE (15) DÍAS NATURAIS desde o seguinte á publicación da convocatoria na páxina web municipal de Deportes, dentro do horario do Rexistro Xeral. Finalizando polo tanto o prazo o 16 de agosto de 2018.

Documentación:

  • Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?