Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Cando:

1 de marzo de 2018

Convocatoria para confeccionar o calendario das competicións ou eventos deportivos 2018

O Concello vai confeccionar un calendario de competicións e de eventos deportivos que se vaian celebrar durante o ano 2018, co obxecto de realizar unha previsión e difusión axeitada da actividade deportiva na cidade así como a planificación de diferentes liñas de colaboración cos promotores das mesmas.

Ábrese unha convocatoria para solicitar a inclusión no calendario municipal de probas ou eventos deportivos que se celebrarán durante o ano 2018 na nosa cidade e para planificar deste modo a dispoñibilidade de espazos, tanto nas instalacións deportivas municipais, como nos espazos abertos da cidade.

A convocatoria está dirixida a asociacións, clubs, federacións e fundacións e demais entidades deportivas sen ánimo de lucro, legalmente constituídas como tales e inscritas no rexistro correspondente.

Presentación de solicitudes:

As solicitudes poderán presentarse en liña na sede electrónica municipal, e nos rexistros municipais da Cidade Deportiva da Torre, do Polideportivo do Barrio das Flores e do Palacio dos Deportes de Riazor.

Información - Solicitude de uso puntual de instalacións

Documento - Solicitude de uso puntual de instalacións

O prazo para presentar solicitudes rematará as 14:00 horas do 15 de marzo de 2018.

A proposta do calendario, o prazo de emenda e a  resolución de aprobación do mesmo serán publicados na web, nos taboleiros de anuncios dos centros deportivos e no teléfono de atención cidadá 010.

Texto da convocatoria (Pode consultalo descargando o documento adxunto ao pe da noticia)

Documentos:

CONVOCATORIA CALENDARIOS EVENTOS DEPORTIVOS 2018 (37 KB)

SOLICITUDE DE USO PUNTUAL DE INSTALACIÓNS (71 KB)

  • Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?