Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña
Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..
Tarxeta de autobús para persoas desempregadas, coa cal esas persoas beneficiarias obterán descontos por utilizar o servizo público de transporte urbano.
REQUISITOS:
DOCUMENTACIÓN:
Para as persoas estranxeiras en situación administrativa irregular que non teñan residencia legal no país: declaración na que se autoriza o concello ao acceso de datos do INSS necesarios para comprobar que se cumpren os requisitos establecidos (este impreso poderase obter directamente no portelo ou ser descargado na páxina web do Concello da Coruña).
Requerirá a presenza da persoa titular.
Esta tarxeta ten unha validez de seis meses, sempre que a persoa solicitante se manteña empadroada no Concello da Coruña e en situación de desemprego. (En caso de variar a condición de desemprego, deberá achegarse ás nosas oficinas municipais para o seu cambio de perfil).
Roubo, perda ou deterioración
En caso de roubo, perda, deterioración ou mal funcionamento da tarxeta pódese solicitar un duplicado ou a reparación dela (segundo proceda), en calquera caso, é necesario que a persoa titular comunique o antes posible (de forma presencial ou telefonicamente) a perda da tarxeta para que se poida bloquear.
Substitución da tarxeta por roubo, perda ou extravío
É necesario aboar a taxa establecida: 7 € (Ordenanza fiscal núm. 1, epígrafe 1.11.4).
Ao solicitar o duplicado da tarxeta, facilitarase o impreso de autoliquidacións; unha vez aboada a taxa (na Caixa Municipal ou en calquera das oficinas de Abanca), a persoa usuaria débese dirixir co xustificante de pago á oficina de tramitación para a expedición da tarxeta.
Centros de tramitación da Tarxeta Millennium:
Servizo de Mobilidade Urbana (Estación de Autobuses - rúa Caballeros, 21)
Rexistro xeral do Pazo Municipal (praza de María Pita, 1)
Rexistro auxiliar do Centro Sociocultural Ágora (Lugar da Gramela, 17)
Comentarios adicionais
A renovación pódese tramitar calquera día dentro do mes de vencemento da tarxeta, independentemente do día exacto de solicitude por primeira vez da tarxeta.
Se a documentación entregada está completa, a tarxeta expedirase no momento.
Normas xerais:
Cada viaxe custa 0,33 €. A expedición da tarxeta é gratuíta. Transbordo gratuíto permitido entre liñas (máximo 45 minutos).
Documentos relacionados
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible