Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Tarxeta Bus Millennium para persoas xubiladas

En que consiste?:

Tarxeta de autobús para persoas xubiladas coa cal as súas beneficiarias obterán descontos pola utilización do servizo público de transporte urbano.

Presencial

Que se necesita?:

Tanto para a obtención por primeira vez da Tarxeta Millennium como para a súa renovación:

REQUISITOS:

  • Ser maiores de 65 anos (no caso de que sexa menor de 65 anos a/o solicitante ou o seu cónxuxe tramitaríase como perfil pensionista, sempre que teña pensión)
  • Estar empadroada/o no Concello da Coruña cunha antigüidade mínima de seis meses.
  • Ter ingresos que non superen en máis do 30% o S.M.I 1.170€/mes = 16.380€/ano por membro da unidade familiar (considéranse membro da unidade familiar cónxuxe, fillos/as menores ao seu cargo e fillos/as con incapacidade ao seu cargo)

DOCUMENTACIÓN:

  • DNI orixinal
  • Autorización ao Concello para o acceso aos datos fiscais necesarios para comprobar que se cumpren os requisitos establecidos (este impreso poderase obter directamente en portelo ou poderá ser descargado na páxina web)
  • Autorización ao Concello para o acceso aos datos do INSS necesarios para comprobar que se cumpren os requisitos establecidos (este impreso poderase obter directamente en portelo ou poderá ser descargado na páxina web)

Esta tarxeta ten unha validez ata o falecemento da súa persoa titular sempre que se manteña empadroado/a no Concello da Coruña. En caso de variar esta condición, a tarxeta deberá ser entregada nas oficinas Municipais para o seu cambio de perfil.

Roubo, perda ou deterioración:

En caso de roubo, perda, deterioración ou mal funcionamento da tarxeta pódese solicitar un duplicado ou a súa reparación (segundo proceda), en calquera caso, é necesario que a/o titular comunique o máis axiña posible (de forma presencial ou telefonicamente) a perda da tarxeta para que se poida bloquear.

Substitución da tarxeta por roubo, perdida ou extravio

É necesario aboar a taxa establecida: 7 €

Ao solicitar o duplicado da tarxeta facilitarase o impreso de autoliquidacións; unha vez aboada a taxa, a/o usuario debe dirixirse co xustificante de pago á oficina de tramitación para a expedición da tarxeta.

Oficinas de Tramitación Tarxeta Millennium

  • Servizo Mobilidade Urbana (Estación de Autobuses - rúa Caballeros, 21)
  • Rexistro Xeral Pazo Municipal (Praza de María Pita, 1)
  • Rexistro Auxiliar do Centro Sociocultural Ágora (Lugar da Gramela, 17)

Internet

Teléfono

Máis información:

Normas xerais:

  • Cada viaxe custa 0,23 €.
  • Transbordo gratuíto permitido entre liñas (máximo 45 minutos).
  • A expedición da tarxeta é gratuíta.
  • Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?