Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña
Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..
O Observatorio Urbano da Coruña é unha ferramenta de traballo dinámica, xeradora de información continua sobre a cidade; un centro de información estatística e un instrumento de visión e planificación urbana futura.
O seu obxectivo é solicitar, organizar, concentrar, validar e facilitar a información estatística que xeren os diversos programas e proxectos de xestión municipal, así como outras fontes externas que resulten de interese con datos representativos da cidade.
Esta ferramenta permite un maior coñecemento da realidade social, económica e ambiental do municipio herculino, ademais de ser útil para a Administración local na súa planificación e posibilitar a detección anticipada das necesidades e demandas emerxentes dos distritos.
A información está estruturada nas seguintes áreas temáticas:
O municipio da Coruña está dividido en dez distritos censuais que, á súa vez, se subdividen en seccións censuais. A información de tipo inframunicipal que dispón o Observatorio Urbano refírese a esta división que se pode consultar en liña ou a través da seguinte ligazón:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible