Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Acompañamentos policiais

En que consiste?:

Necesitará acompañamento policial todo transporte de mercadorías realizado pola cidade cando as dimensións ou a masa dos vehículos excedan do máximo previsto no Regulamento Xeral de Vehículos, ou concorran outras circunstancias que o fagan necesario.

Onde se fai?:

Presencial

Que se necesita?:

A persoa interesada deberá presentar con antelación suficiente, polo menos 72 horas, a seguinte documentación:

  • Solicitude na que faga constar, ademais dos seus datos, a mercadoría transportada, data, hora e lugar para a que se solicita o acompañamento e a descrición do vehículo (dimensións e masas).
  • Documentación referida ao vehículo para o que se solicita o acompañamento policial: tarxeta de inspección técnica, permiso de circulación, recibo do seguro obrigatorio en vigor e tarxeta de transportes. Esta documentación poderá ser suplida pola autorización complementaria outorgada pola Dirección Xeral de Tráfico sempre que estea en vixencia e se refira ao vehículo para o que se solicita o acompañamento.
  • Xustificante de satisfacer a taxa correspondente ( Ordenanza fiscal núm. 2, epígrafe 3)

Se o vehículo cumpre cos requisitos establecidos na normativa de aplicación, a persoa funcionaria responsable da dependencia competente emitirá o informe favorable á realización do acompañamento policial, que terá a consideración de título habilitante para circular pola cidade na data sinalada. Será competencia da Policía Local sinalar o día, hora e ruta que mellor conveña.

Teléfono

  • Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?