Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña
Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..
As autoliquidacións tributarias regúlanse no artigo 120 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria. As autoliquidacións son declaracións nas que as persoas obrigadas tributarias, ademais de lle comunicar á Administración os datos necesarios para a liquidación do tributo e outros de contido informativo, realizan por si mesmas as operacións de cualificación e cuantificación necesarias para determinar e ingresar o importe da débeda tributaria ou, se é o caso, determinar a cantidade que resulte para devolver ou para compensar.
Obrigados tributarios
Rúa Franja 20. La Coruña
As autoliquidacións de taxas e impostos municipais, de maneira presencial, realízanse nas oficinas da Franxa, na Unidade de Rexistro e Información ao contribuínte.
Para poder realizar as autoliquidacións a través da web debe ter á man os datos do obrigado e do obxecto tributario. Pode realizar unha autoliquidación a nome de terceiros, aínda que lembre que debe contar coa súa autorización expresa.
As autoliquidacións telemáticas de tributos realízanse a través da Oficina Virtual do Contribuínte - OVC. A OVC é a sede electrónica tributaria que, entre os seus servizos, ofrece a posibilidade de autoliquidar as taxas e os impostos que teñan establecido este réxime, xerando as correspondentes cartas de pago. Os tributos que se poden autoliquidar, neste momento, na OVC son:
- Plusvalía (Imposto sobre Incremento de Valor dos Terreos de Natureza Urbana).
- Imposto de Vehículos (IVTM). Alta no imposto para a súa matriculación.
- Taxa Tarxeta Millennium.
- Taxa por Dereitos de Exame.
En aplicación do artigo 14.2 da Lei 39/2015, de procedemento administrativo común, teñen a obriga de realizar este trámite, a través da Oficina Virtual do Contribuínte:
a) As persoas xurídicas.
b) As entidades sen personalidade xurídica (asociacións, sociedades civís, comunidades de persoas propietarias etc.).
c) Quen exerza unha actividade profesional para a que se requira colexiación obrigatoria, para os trámites e as actuacións que realicen coas administracións públicas en exercicio da devandita actividade profesional. En todo caso, dentro deste colectivo entenderanse incluídos os notarios e rexistradores da propiedade e mercantís.
d) Quen represente a unha persoa interesada que estea obrigada a relacionarse electronicamente coa Administración.
Si
Pode realizar o pago da autoliquidación:
a. En calquera das entidades colaboradoras ABANCA, BANCO SANTANDER, BANCO SABADELL, CAIXABANK, BANCO PASTOR, BBVA.
b. A través do seu móbil ou tableta, descargando as aplicacións para IOS e Android.
c. A través das pasarelas de pago de ABANCA e CAIXABANK, con tarxeta de calquera entidade bancaria e sen custo.
d. A través da OVC.
Outros trámites
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible