Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Autorización para instalación de terrazas en espazos de uso público

En que consiste?:

Obtención da autorización municipal para instalar terrazas en espazos de uso público nalgunha das seguintes modalidades:

  • Terraza sen cerramento estable: composta por elementos móbiles e desmontables e sen cuberta fixa ou estable, inclusive as que conten con toldo enrollable a fachada.
  • Terraza con cerramento estable: composta por elementos fixos e móbiles, facilmente desmontables, cerrada na totalidade ou parte do seu perímetro e cuberta.

As autorizacións poderán ser:

  • Autorización temporal: 1 de abril ao 30 de setembro (ambos incluídos).
  • Autorización anual: 1 de xaneiro ao 31 de decembro (ambos incluídos).

Onde se fai?:

Rexistro da Área Económica Municipal

Organismo responsable: Sección de Licenzas de Uso de Dominio Público (Área de Seguridade e Mobilidade)

A quen vai dirixido?:

Poderá solicitar a autorización para a instalación de terraza a persoa titular da licenza de actividade do establecemento hostaleiro. Serán requisitos para obter esta autorización:

  • Que a licenza de actividade estea en vigor. Poderá formularse a solicitude se a licenza se encontra en tramitación, aínda que non se poderá conceder ata que se estea en posesión dela.
  • Non ter débedas coa Facenda Municipal (comprobarase de oficio).
  • Dispoñer dun seguro de responsabilidade civil e de incendios que inclúa a terraza.

Organismo responsable:

Ayuntamiento

Prazo de presentación:

Prazo ordinario: 1 de outubro a 15 de decembro do ano anterior ao de instalación da terraza.

Presencial

Que se necesita?:

Rexistrar unha solicitude de autorización para instalación de terrazas en espazos de uso público segundo o modelo oficial xunto coa documentación necesaria que, para cada caso, establece a ordenanza municipal. A relación desta documentación anéxase co impreso oficial e, ademais, pode consultarse nos arquivos adxuntos dentro do apartado Máis información.

Consultar bonificación do 50% sobre as tarifas de aplicación (art. 6.6 da ordenanza fiscal 28). Esta bonificación deberá ser solicitada expresamente pola persoa interesada polo que, se é o caso, deberá indicalo na súa solicitude. Será necesario achegar factura ou documento acreditativo do pago pola adquisición de novos elementos.

Poderán acollerse á bonificación aquelas terrazas que cumpran os seguintes requisitos:

  • Que se trate dunha terraza sen cerramento estable
  • Que os elementos de mobiliario e demais elementos auxiliares resulten homologables de acordo cos novos criterios da ordenanza vixente
  • Que conte con elementos axardinados en proporción adecuada e integrados esteticamente (sirvan ou non como elementos delimitadores)
  • Que supoña unha mellora estética, de deseño, calidade e mellor integración na contorna.

Internet

Teléfono

  • Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?