Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña
Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..
O Certificado de Matrimonio é un documento oficial que acredita a realización do matrimonio e a data, hora e lugar.
Luns a venres de 09:00 h. a 18:00 h. Sábado de 10:00 h. a 13:00 h. (de 14:00 h. a 18:00 h. só recollida e entrega de solicitudes, do mesmo xeito que os sábados).
Documentación necesaria:
Quen o pode solicitar:
Pode ser solicitado por calquera cidadán que así o requira, salvo as excepcións legalmente previstas, que impiden que se dea publicidade sen autorización especial:
A autorización nestes casos será concedida polo xuíz encargado e só a quen xustifique interese lexítimo e razón fundada para pedila. A certificación expresará o nome do solicitante, os efectos para que se libra e a autorización expresa do encargado. Este, no Rexistro directamente ao seu cargo, expedirá por si mesmo a certificación.
Tipos de certificados:
Certificado Positivo:
Extracto: É un resumo da información que consta no Rexistro Civil relativa á celebración do matrimonio e identidade dos contraentes. Pode ser de distintos tipos:
Literal: copia literal da inscrición de matrimonio, contendo todos os datos relativos á celebración do mesmo, identidade dos contraentes así como as anotacións marxinais que puidesen practicarse (réxime económico matrimonial, separación, nulidade ou divorcio, etc.).
Certificado Negativo: acreditan que o matrimonio non está inscrito nese Rexistro Civil.
?
Normativa:
Instrución do 20 de marzo de 2002, da Dirección Xeral dos Rexistros e do Notariado, en materia de recepción e despacho de solicitudes de certificacións nos Rexistros Civís por vía telemática, publicada no BOE n? 85?do 2 de Abril de 2002.
Resolución do 27 de maio de 2011, da Dirección Xeral dos Rexistros e do Notariado, pola que se determinan os requisitos e condicións para a tramitación electrónica e expedición automática das certificacións de nacemento e matrimonio, publicada no BOE n? 129 do 31 de maio de 2011.
Lei 20/2011, de 21 de xullo, do Rexistro Civil,?publicada no BOE n? 175 do 22 de xullo de 2011?(entra en vigor o 23 de xullo de 2014).
Outros trámites
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible