Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña
Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..
Padrón municipal
O Padrón municipal é o rexistro administrativo onde consta a veciñanza dun municipio. Os seus datos constitúen proba da residencia no municipio e do domicilio habitual nel. As certificacións que dos devanditos datos se expidan terán carácter de documento público e fidedigno para todos os efectos administrativos.
Toda persoa que viva en España está obrigada a inscribirse no Padrón do municipio no que resida habitualmente. Quen viva en varios municipios deberase inscribir unicamente no que habite durante máis tempo ao ano.
Documentación xeral para a inscrición:
No suposto de persoas estranxeiras, segundo a Lei orgánica 14/2003, do 20 de novembro, sobre os dereitos e liberdades das persoas estranxeiras en España (art. 3º, punto 2), tamén deben achegar:
Altas
Por omisión:
Realízase a alta por omisión cando residindo habitualmente no termo municipal, non se figure inscrito no Padrón de ningún municipio.
Por cambio de residencia procedente doutro municipio:
Por nacemento (documentación orixinal):
Procedemento normal. A persoa nacida inscribirase no Rexistro Civil que, a través do Instituto Nacional de Estatística, llo comunica ao Concello da Coruña.
Procedemento especial. Tamén se poderá dar de alta as persoas nacidas cubrindo a solicitude de alta, presentando o Libro de Familia no que conste a súa inscrición, o certificado de nacemento e o documento no que conste a garda e custodia do/a menor (se o houbese).
No caso de que se inscriba cun só proxenitor deberán asinar a alta os dous proxenitores con fotocopia do DNI de ambos.
Se non poden asinar os dous proxenitores o DNI ou documento xustificativo orixinal e cubrir o impreso de declaración responsable para alta cambio de domicilio de menores.
Documentación que hai que presentar nos distintos supostos
Empadroamento nun domicilio no que xa hai persoas inscritas no Padrón municipal:
Se non podo xustificar con documentación a utilización da vivenda:
Normas para o empadroamento de menores
Empadroamento dun/ha menor nun domicilio distinto ao dos pais:
Se por calquera motivo unha das persoas proxenitoras non pode asinar o impreso do cambio de domicilio ou o de alta, debe achegar:
Se os/as menores se empadroan cos dous pais:
Se os/as menores se empadroan só cun dos pais:
Se os/as menores se empadroan só cun dos pais e o outro está ausente, (polo que non pode asinar:)
Se os/as menores se empadroan só con 1 dos pais por separación ou sentenza xudicial
Se os/as menores se empadroan con 1 dos pais que está incurso nalgún dos supostos de feito previstos nos artigos 103.1c) ou 152.3c) do Código Civil
Modificacións
Por cambio de domicilio no propio Concello:
Trátase de alteracións de datos que figuran no Padrón que non afectan á condición de residente habitual.
Datos persoais:
Trátase de variacións nos datos persoais posteriores á inscrición, así como as que se derivan da corrección de erros materiais.
Baixa no Padrón municipal
Baixa por defunción:
Unha vez inscrita a defunción no Rexistro Civil, o Concello realiza a baixa de oficio cos datos que lle facilita o INE (Instituto Nacional de Estatística).
En casos especiais, serán dadas de baixa no Padrón as persoas falecidas presentando no Concello o Libro de Familia no que conste o óbito da persoa inscrita ou o certificado oficial de defunción (documentación orixinal).
Baixa por traslado de residencia a outro municipio:
Presentarase a alta no municipio de destino e o municipio de orixe realiza a baixa cos datos que lle facilite o INE (Instituto Nacional de Estatística).
Baixa por traslado de residencia ao estranxeiro:
Presentarase a alta no Rexistro de Matrícula da Oficina ou Sección Consular de destino e o municipio de orixe realiza a baixa cos datos que lle facilite o INE (Instituto Nacional de Estatística).
Certificados de padrón
Pódense emitir certificados de padrón de dous tipos:
Documentación que hai que presentar
Para pedir o certificado é necesario presentar o DNI orixinal (ou documento acreditativo da súa identidade).
No caso de que a solicitude sexa formulada por unha persoa representante deberá achegar unha autorización por escrito e fotocopia do DNI (ou documento que acredite a súa identidade) da persoa representada.
Suposto de persoa falecida
Expedición do certificado
O certificado emítese no momento excepto para os seguintes supostos:
Nestes casos cóbrese a solicitude do certificado á espera de recibir o certificado.
Xustificante ou volante de empadroamento
Documentación:
Quen acredite un interese lexítimo (autoridades públicas ou requirimento xudicial) pode solicitar o volante de empadroamento doutra persoa.
Este volante pódese solicitar no apartado de trámites en liña na páxina web municipal: www.coruna.es
Xustificación de utilización da vivenda
(Obrigatoriedade de presentar documentación orixinal)
Se na vivenda non figura ninguén empadroado con anterioridade xustificarase a súa utilización achegando documentos que a acrediten, e serán os máis habituais:
para as persoas propietarias
para as persoas arrendatarias
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible