Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Plan de pago personalizado

Domiciliación bancaria con plan de pago personalizado

¿Que é?

O Plan de Pago Personalizado é unha modalidade de pago a través da cal se poderán facer efectivas, anticipada e fraccionadamente, determinadas débedas tributarias de vencemento periódico incluídas nun plan de pago, domiciliándoas nunha entidade financeira. No caso de que a persoa solicitante inclúa neste sistema o Imposto sobre Bens Inmobles e o Imposto sobre Vehículos de Tracción Mecánica será bonificada, nestes impostos, cun 3% sobre a cota íntegra.

 

Tributos acollidos ao Plan de Pago Personalizado

De acordo co artigo 20.6 c) da Ordenanza Xeral de Recadación os tributos de vencemento periódico que se poden acoller ao Plan de Pago Personalizado son os seguintes:

  • Imposto sobre Bens Inmobles.
  • Imposto sobre Vehículos de Tracción Mecánica.
  • Imposto sobre Actividades Económicas.
  • Taxa pola prestación do servizo de recollida de lixos e residuos sólidos urbanos de locais ou establecementos onde se exerzan actividades industriais, comerciais, profesionais, artísticas ou de servizos.
  • Taxa pola entrada de vehículos desde a vía pública a edificios, locais e soares e das reservas de vía pública para aparcamento, carga, descarga e outras actividades en interese particular.

Requisitos

  • Formular a solicitude no impreso oficial aprobado polo Concello. Descargar impreso
  • Domiciliar os pagos nunha entidade financeira. Non se debe cancelar a conta bancaria de domiciliación antes de finalizar o último pago da cota fraccionada.
  • Que a persoa titular dos recibos estea AO CORRENTE NO PAGO DE DÉBEDAS TRIBUTARIAS E DEMAIS DE DEREITO PÚBLICO DO CONCELLO DA CORUÑA.
  • Que a solicitude a realice a persoa titular da conta en que se domicilie o pago.

Modalidades de fraccionamento

As cotas fraccionadas pola débedas tributarias incluídas no Plan de Pago Personalizado distribuiranse en DÚAS, TRES, CATRO, CINCO ou SEIS COTAS a elección da persoa solicitante. Estes ingresos anticipados terán carácter de pago a conta, e faranse efectivos nas datas que correspondan segundo o cadro seguinte:

 

1º pago

2º pago

3º pago

4º pago

5º pago

6º pago

2 cotas

2 cotas

1 marzo

1 marzo

1 outubro

1 outubro

 

 

 

 

3 cotas

3 cotas

1 marzo

1 marzo

1 xullo

1 xullo

1 outubro

1 outubro

 

 

 

4 cotas

4 cotas

1 marzo

1 marzo

2 maio

2 maio

1 xullo

1 xullo

1 outubro

1 outubro

 

 

5cotas

5 cotas

1 marzo

1 marzo

2 maio

2 maio

1 xullo

1 xullo

1 setembro

1 setembro

1 outubro

1 outubro

 

6 cotas

6 cotas

1 marzo

1 marzo

2 maio

2 maio

1 xullo

1 xullo

1 agosto

1 agosto

1 setembro

1 setembro

1 outubro

1 outubro

Como pode efectuar a solicitude

De forma presencial nos Rexistros Municipais:

  • Concello da Coruña. Praza de María Pita núm. 1. C.P. 15001 A Coruña.
  • Servizos Económicos. Rúa Franxa núm. 20 C.P. 15001 A Coruña.
  • Fórum Metropolitano. Rúa Río de Monelos núm. 1. C.P. 15006 A Coruña.
  • Centro Sociocultural Ágora. Rúa Lugar da Gramela, 17. C.P. 15010 A Coruña.

Por correo dirixido ao Rexistro Xeral do Concello. A través do Rexistro Telemático identificándose con DNI electrónico ou certificado dixital avanzado e recoñecido.

Nos demais supostos contemplados no art 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común.

Preguntas frecuentes

Podo elixir os recibos que entran no meu Plan?

NON, vostede poderá elixir que tributo ou tributos inclúe na cesta, pero non pode discriminar, dentro de cada tributo, que recibos entran no Plan de Pago xa que se inclúen todos. Por exemplo, se ten 3 recibos de IBI terán que incluírse os 3, non hai opción de que poida incluír 2 e excluír 1.

Quen o solicita?

Debe solicitalo a PERSOA TITULAR DA CONTA BANCARIA onde se realicen os cargos, aínda que non sexa titular dos recibos.

Quen se pode acoller ao Plan?

A PERSOA TITULAR DOS RECIBOS, xa que o cálculo de cotas realízase sobre o 95% dos recibos emitidos no ano anterior.

Pódome acoller ao Plan se teño débedas co Concello?

NON, neste caso debe aboar as débedas pendentes para poderse acoller ao Plan.

É conveniente acollerme ao Plan se vou pedir unha bonificación?

NON É CONVENIENTE. Se solicitou unha bonificación esta non se aplicará nas cotas ata a última delas (outubro), polo que o cargo que se realice xa na primeira cota pode ser superior ao importe final para pagar.

Que pasa se non atendo a primeira cota?

Se non se atende a primeira cota (1 de marzo), queda excluído do sistema e o importe da débeda faise efectivo, sen recarga, nos períodos ordinarios de pago.

Que pasa se non atendo a última cota?

Se non atende a última cota iníciase o PERÍODO EXECUTIVO POLA DÉBEDA PENDENTE.

Podo cancelar ou modificar a conta bancaria durante o exercicio?

NON, non se pode cancelar ou modificar a conta durante o período de aplicación do cargo das cotas e ata a regularización do Plan.

Hai cotas mínimas para acollerme ao Plan de Pago Personalizado?

NON, coa modificación da Ordenanza Xeral de Recadación que entrou en vigor o 29 de decembro de 2016, elimináronse as cotas mínimas.

Teño que presentar a solicitude selada pola entidade bancaria?

Se é un tributo que xa ten domiciliado abonda con que poña na solicitude que xa está domiciliado. No caso de que non o estea deberá presentar a solicitude co selo da entidade bancaria.

  • Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?