Uso de cookies en las páginas web del Ayuntamiento de A Coruña

En las páginas web municipales utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o conocer como cambiar la configuración, en nuestra página de "Normas de uso".

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

7 de diciembre de 2017

O goberno local presenta o programa de reforzo educativo ‘Poténciate’, "que nace para favorecer a inclusión social e diminuír o fracaso escolar"

A concelleira Silvia Cameán destaca a aposta do executivo municipal por programas “que promovan unha escola pública que recoñeza o dereito a aprender en igualdade de oportunidades”. A proposta, á que se destinarán 120.000 euros, desenvolverase no segundo e no terceiro trimestre do ano nos centros educativos da cidade

O Concello da Coruña conta, desde o presente curso escolar, cun novo programa educativo de reforzo escolar. A edil de Xustiza Social e Coidados, Silvia Cameán, presentou esta mañá a primeira convocatoria de Poténciate, unha iniciativa dirixida ao alumnado coruñés "que abrangue diferentes accións de reforzo educativo para diminuír o fracaso escolar e favorecer a inclusión social na Coruña". "O goberno municipal quere unha escola pública que recoñeza o dereito a aprender en igualdade de oportunidades, e por iso aposta en programas de prevención, porque se queremos xerar igualdade de oportunidades e de acceso ás mesmas debemos ter ferramentas que detecten os posibles problemas con antelación", sinalou a responsable municipal.

Poténciate, que se desenvolverá durante o segundo e o terceiro trimestre do curso escolar, ordinariamente, entre as 16.00 e as 18.00 horas, está dirixido a todos os centros públicos do termo municipal que imparten educación infantil, primaria, especial e secundaria. As accións que se desenvolverán nos centros educativos abranguen actividades de apoio específico nas tarefas escolares; así como outras relacionadas coa orientación, titoría e as técnicas de estudo; propostas para a adquisición e mellora de habilidades sociais, ou para fomentar o lecer saudable entre o alumnado; e prestará atención específica ás familias. "Este goberno entende que os programas de reforzo, orientación e apoio deben estenderse a todos os centros públicos e incorporar novos perfís profesionais para cubrir as necesidades da veciñanza", expuxo a concelleira. Así, o persoal que participará no programa Poténciate será do ámbito da pedagoxía, psicopedagoxía, logopedia, educación social, traballo social, maxisterio --tamén aquelas persoas que posúan o Mestrado Universitario en Profesorado de Secundaria-- e técnicas e técnicos superiores dos ámbitos educativo, sociocultural e deportivo, "ademais do persoal auxiliar que se precise", apuntou a edil, quen destacou que o goberno local destinará 120.000 euros para poñer en marcha esta iniciativa.

"Mentres que a administración que ten competencia neste eido non cobre as necesidades da cidadanía, o Concello da Coruña ten claro que non pode deixar a ningunha nena nin a ningún neno atrás", expuxo Cameán. "Poténciate nace como resposta a unha demanda común dos propios centros escolares, ante o recorte de profesionais especializados que están a aplicar as administracións que teñen competencias no eido educativo, como é o caso da Xunta de Galicia, o que lles impide ofrecer ese reforzo escolar e atender as diversidades que existen nos centros educativos. Por iso este programa é, se cabe, aínda máis necesario, para atender a todas as nenas e nenos da Coruña que non están a recibir o apoio e orientación que precisan", aseverou.

Os centros interesados en formar parte da primeira convocatoria de Poténciate poderán presentar a súa solicitude --formulario dispoñible na web municipal e que tamén recibirán nestas datas-- para participar no programa desde o próximo 18 de decembro e até o 12 de xaneiro. O Servizo Municipal de Educación, na selección dos centros, dará prioridade aos Colexios de Educación Infantil e Primaria (CEIP) e Centros de Educación Especial (CEE) fronte aos IES, a aqueles con maior número de alumnado con necesidades específicas de apoio educativo e, finalmente, avogará por unha distribución equilibrada dos centros no termo municipal.

Documentos:

Cartel Poténciate (440 KB)

Buscar más noticias

Webs municipales

Encuentre todas las webs y perfiles oficiales del Ayuntamiento de A Coruña.

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari y Microsoft Internet Explorer 10 o superior. Instalar ahora un navegador compatible

?