Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Biblioteca Municipal de Estudos Locais

Enderezo:

Rúa Durán Loriga 10, 1º. 15003 A Coruña

Teléfono:

981 184 386

Fax:

981 184 385

Páxina web:

http://www.coruna.es/bibliotecas

Horario:

Inverno (16 de setembro ao 14 de xuño)

  • De 09.00 h a 15.00 h, os luns, martes e venres; de 09.00 h a 21.00 h, os mércores e xoves

Verán (15 de xuño ao 15 de setembro)

  • Luns a venres de 09.00 h a 14.00 h

Nadal (pechada os días 24 e 31 de decembro)

Horario

Inverno (16 de setembro ao 14 de xuño)

  • De 09.00 h a 15.00 h, os luns, martes e venres; de 09.00 h. a 21.00 h, os mércores e xoves

Verán (15 de xuño ao 15 de setembro)

  • Luns a venres de 09.00 h a 14.00 h

Nadal (pechada os días 24 e 31 de decembro)

Como chegar

Localiza a biblioteca no mapa da cidade e visítanos! Se o vas facer en medios de transporte públicos ou en bicicleta esta información serache útil:

Liñas de bus urbano

Liña 1 - Liña 1A - Liña 2 - Liña 2A - Liña 3- Liña3A - Liña 4- Liña 6 - Liña 6A - Liña 7- Liña 17

Estacións de bicicletas

Que me ofrece esta biblioteca?

Nesta biblioteca, como nas outras sete, atoparás bibliotecarios e bibliotecarias dispostos a axudarche no que necesites.

Ademais atoparás unha chea de materiais referidos ou publicados á Coruña. Poderás revivir a historia da cidade, coñecer a evolución das súas rúas e os seus comercios, ver os bandos municipais máis antigos ou os carteis de todas as festas patronais, descubrir o uso realizado da Torre de Hércules na cartelería da cidade...

Os seus fondos fóronse ampliando e tamén se incorporaron importantes bibliotecas particulares como:

  • María Barbeito
  • Linares Rivas
  • Alfonso González Catoyra
  • Carlos Díaz Martínez
  • Ramiro Cartelle
  • Familia Padín Viaño
  • Familia González Mariñas

Dispón tamén de seccións dedicadas a centros de interese, hemeroteca, música e cinema, computadores de acceso público e conexión wifi.

Busca e descubre todas as actividades e cursos que che ofrece esta biblioteca e as demais da rede.

Máis información

A Biblioteca Municipal de Estudos Locais foi inaugurada en 1991. Dentro do Sistema Municipal de Bibliotecas é a biblioteca responsable de recompilar, organizar, conservar e difundir o patrimonio bibliográfico da cidade.

É considerada pola Xunta de Galicia Biblioteca de Especial Interese. O seu fondo especializado en Galicia e fundamentalmente na Coruña está constituído por un conxunto heteroxéneo de formatos e soportes co que se persegue satisfacer as necesidades da información local.

A Biblioteca Municipal de Estudos Locais está integrada no Centro Cultural Salvador Madariaga no que comparte espazo con diferentes institucións, algunhas das cales participan dos seus intereses e ámbito de actuación. É o caso do Arquivo Histórico Municipal, o Instituto José Cornide de Estudos Coruñeses, a Asociación da Prensa Coruñesa e o CGAI (Centro Galego de Arte da Imaxe) que contribúen a contextualizar e facilitar o aceso á información local desde diferentes perspectivas.

Consulta as cifras desta e doutras bibliotecas

  • Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?