Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Teléfono 010

Teléfono 010

O servizo de información e atención telefónica ao cidadán - Teléfono 010 - ten por misión ser a porta de acceso á satisfacción eficiente da demanda cidadá respecto da información sobre a cidade e os seus servizos, así como á realización de trámites municipais. polas diferentes canles ao seu alcance, coa vocación de que o modelo de atención desenvolvido sexa un referente na contorna pública.

Este servizo trata de avanzar na mellora das funcións municipais ofrecendo a posibilidade de realizar xestións sen necesidade de desprazamentos, con tres obxectivos estratéxicos:

  • Conseguir unha Administración máis transparente, eficaz e próxima á cidadanía.
  • Lograr un alto nivel de eficiencia na resolución das demandas que lle competen.
  • Mellorar a calidade de vida da cidadanía.

Compono un equipo de traballo dinámico, cunha linguaxe clara e personalizada, disposto a facilitarlle información e trámites administrativos.

Chamada sen custo para as persoas usuarias

Se comproba que o seu operador de telefonía lle aplica algún cargo na súa facturación pola utilización deste servizo, diríxase a el para presentar a oportuna reclamación. O Concello é totalmente alleo a esa actuación.

Para maior información

O 010 ten vocación de globalidade polo que o descoñecemento da resposta dunha solicitude de información cidadá, dará lugar a un proceso de procura para resolver a dúbida.

Información xeral sobre:

  • Organización política e administrativa do Concello da Coruña
  • Procedementos e trámites municipais
  • Oferta de emprego público municipal
  • Directorio municipal postal e telefónico
  • Temas xestionados por outras administracións
  • Axenda da Coruña incluíndo a actualidade da cidade: actos institucionais, exposicións, actos deportivos, cinema, congresos, xornadas, cursos, feiras, teatro, espectáculos, festas, conferencias, concertos…
  • Enderezos de interese: asociacións, administracións, colexios, fundacións, galerías de arte, museos, bibliotecas…
  • Rueiro da cidade e liñas de transporte público
  • Contido da web municipal e doutras administracións

Trámites municipais:

  • Recepción telefónica de incidencias na vía pública
  • Recollida de voluminosos - mobles usados -
  • Duplicados de recibos tributarios en recadación voluntaria
  • Trámites en liña dispoñibles na web municipal

Cómo funciona?

  • Marcando el 010 - solamente desde la ciudad de A Coruña -

  • Marcando el 981 920 010 - para llamadas efectuadas fuera del término municipal -

  • Desde su ordenador o dispositivo móvil

Está disponible un sistema de videointerpretación en lengua de signos que facilita la comunicación entre personas sordas y oyentes

Horario (excepto festivos)

  • De luns a venres de 8.00 h a 20.30 h.

  • Sábados de 9.00 h a 14.00 h.

  • Sistema de videointerpretación en lingua de signos: de luns a venres de 10.00 h a 14.00 h.

  • Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?