Xogos Escolares Curso 2019/20

EidusCoruña · unha cidade contigo

Mantense aberto o prazo de inscrición nestos Xogos Escolares ata o 29 de novembro as 23:59. Lembramosvos que poderedes formalizar as inscricións nos ligazóns de cada modalidade.

A data de comezo destes Xogos Escolares comunicarase vía email unha vez se confeccionen os calendarios deportivos e remate o prazo de inscrición

Esta VII edición dos Xogos Escolares son torneos deportivos dirixidos ao alumnado desde 2º de Educación Primaria até 4º de ESO de centros educativos da cidade, e teñen como obxectivo xeral incluír a competición como parte da formación e do desenvolvemento deportivo e persoal do alumnado.

Os Xogos Escolares son gratuítos para os/as participantes.

A inscrición implica ter a cobertura dun seguro de accidente, a dotación do equipamento, material e, no caso dos CEIPS públicos da cidade, o transporte gratuíto de ida e volta ao centro educativo de orixe, así como persoal acompañante para o equipo que o solicite.

INSCRICIÓN DE EQUIPOS: Nº DE XOGADORAS/ES MÁXIMOS E MÍNIMOS POR EQUIPO

Para proceder a realizar as inscricións como promotor, primeiro deberás darte de alta a través da plataforma municipal Smart City. Unha vez completado este proceso, poderase empezar a formalizar as inscricións para os Xogos Escolares.

O sistema permitirá a gravación de inscricións todas as veces que se desexe. Cun límite máximo de 60 minutos cada unha delas. Así mesmo, tamén lembrará todas as persoas que inscribas, de forma que nunca terás que introducir a mesma información dúas veces.

Unha vez realizada a inscrición, o sistema enviarache un correo electrónico cos datos das persoas que inscribas, e cunha ligazón por se queres dar de baixa a algunha delas.

Deberase cubrir un formulario de inscrición en liña para cada un dos equipos que se queiran dar de alta nestes xogos.

O apartado teléfono para cada un dos participantes fai referencia ao teléfono de contacto do pai/nai ou titor/a legal, e non ao teléfono da/o menor.

No apartado autonomía do participante deberase marcar unha das tres opcións, o alumno pode irse só:

Os equipos dos ciclos de ESO deberán ir acompañados durante os encontros por unha persoa responsable maior de 18 anos.

Cada centro educativo, ANPA ou promotor/a poderá inscribir tantos equipos como queira, respectando os números de xogadoras/es máximos e mínimos establecidos.

As ligazons para a inscrición estan nas categorías de cada unha das modalidades

Pode descargar o diptico de actividades no documento adxunto ao final do cadro

No caso de precisar máis información o de ter dúbidas sobre o programa, poden poñerse en contacto co Servizo Municipal de Deportes a través do enderezo electrónico xogosescolares@coruna.es ou no teléfono 981 189 800 Ext. 25037 / 25038

Uso de cookies en las pГЎginas web del Ayuntamiento de A CoruГ±a

En las pГЎginas web municipales utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios mediante el anГЎlisis de sus hГЎbitos de navegaciГіn. Si continГєa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener mГЎs informaciГіn, o conocer como cambiar la configuraciГіn, en nuestra pГЎgina de "Normas de uso".

Ayuntamiento de A CoruГ±a
AmpliaciГіn de inscriciГіn - Xogos Escolares Curso 2019/20